Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53780

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais para a contratación temporal de persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Xunta de Galicia.

De conformidade co artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, o prazo de presentación de solicitudes para formar parte das listas iníciase anualmente o 1 de marzo e remata o 30 de abril.

Os postos do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Consellería do Medio Rural, desenvolven a súas tarefas na súa maior parte nos servizos de prevención e defensa contra os incendios forestais e, dado que existe unha necesidade de contratación máis intensa na actualidade nesa lista e non figuran nela integrantes dispoñibles suficientes, urxe a súa publicación con anterioridade e de xeito independente á publicación das restantes listas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Por todo o exposto, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, foron examinadas as instancias presentadas nesta escala coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos e valorar os méritos alegados polas persoas interesadas.

Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listas correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listas provisionais de admitidos e excluídos para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 11 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a lista provisional para a contratación temporal de persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala de axentes facultativos ambientais da Xunta de Galicia.

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación; no Servizo de Atención e Información á Cidadanía, a través do teléfono 012 e nas oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– Solicitantes admitidos na lista, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo establecido no artigo 9 do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:

– Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala, nos termos previstos no artigo 9.b) do Decreto 37/2006, segundo o modelo que figura como anexo I desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais:

Secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos:

Xefes/as territoriais ou funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluída.

As persoas integrantes das listas que na súa solicitude de inclusión autorizasen expresamente a consulta dalgúns datos por parte da Administración e que figurasen excluídas nestas listas provisionais por causas relacionadas coa imposibilidade material da obtención dos devaditos datos, deberán achegar, para acreditar o cumprimento dos requisitos exixidos, no indicado prazo de dez días concedido para formular reclamación contra as listas provisionais, copia auténtica da documentación respecto da cal non foi posible obter datos ao realizar a consulta.

Cuarto. A partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, tanto as persoas solicitantes provisionalmente admitidas como as provisionalmente excluídas poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade co establecido no artigo 15.2 do Decreto 37/2006.

O modelo de solicitude encóntrase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación.

Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e darase publicidade das listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Certificación de servizos prestados

(Resolución do ..., DOG núm. ... do ... de ... de 20...)

Dª/D.

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo CERTIFICA:

Que segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e en vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da cal se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don ..., con DNI núm. ..., prestou servizos no grupo, categoría, corpo, escala e/ou especialidade e nos períodos e consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou entidades (art. 9.b) e 9.bis.a.1 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo) que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Corpo/escala

(código)

Denominación

do posto

Consellería ou entidade

da Xunta de Galicia

Código do posto de

traballo

(de ser o caso)

Descontinuo (si/non)*

Fin de semana (si/non)*

Data de inicio

Data de

fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación, en ... , ... de ... de 20...

(Sinatura)

*Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2021.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.