En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de outubro de dous mil vinte e dous,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, José Luis Mira Lema como director xeral de Formación Profesional, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil vinte e dous
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades