Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53648

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

DECRETO 164/2022, do 6 de outubro, polo que se nomea directora xeral de Formación Profesional a María Eugenia Pérez Fernández.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día seis de outubro de dous mil vinte e dous,

NOMEO directora xeral de Formación Profesional a María Eugenia Pérez Fernández.

Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades