Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53727

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 27 de setembro de 2022 pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22, convocados pola Orde do 31 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 78, do 25 de abril).

A Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 (DOG núm. 78, do 25 de abril), establece no seu artigo 15.2 que a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional elevará a proposta feita polo tribunal á persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, quen emitirá a correspondente orde de adxudicación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional viuse afectada pola reestruturación establecida no artigo 6 do Decreto 73/2022, do 25 de maio, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Unha vez realizada a proba, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polo alumnado, resoltas as reclamacións presentadas, e vistas a acta coa proposta do tribunal de adxudicación dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 e a correspondente proposta da persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 ao alumnado que figura no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase recorrer mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, por delegación de competencia establecida na Orde do 29 de xullo de 2022 (DOG núm. 151, do 9 de agosto), no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses desde tal publicación, segundo prevé o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
P.D. (Orde do 29.7.2022; DOG núm. 151, do 9 de agosto)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades

ANEXO

Premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22

Nº inscrición

Apelidos e nome

Cód. centro

Centro educativo

Importe

2243000943

Asegurado Mougán, Daniel

15015743

IES Arcebispo Xelmírez I

1.000 €

2201000559

Ayaso Torres, Carlos

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

2265000974

Casas Neo, Mencía

15026391

IES Xulián Magariños

1.000 €

2267000391

Castro Díaz, Antía

27006531

IES Lucus Augusti

1.000 €

2272000526

Domínguez Fernández, Nicolás

36011270

CPR Plurilingüe Rosalía de Castro

1.000 €

2230000762

Duckworth Juárez, Marta

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

1.000 €

2210000415

Gallardo Quevedo, María

32009190

IES As Lagoas

1.000 €

2240000483

Geada Bernal, Alba

27013958

IES Monte Castelo

1.000 €

2260000632

Martínez Cabeza, Sabela

36019670

IES do Castro

1.000 €

2261000596

Montoto Pintos, Eva

15027411

IES de Cacheiras

1.000 €

2226000495

Otero Lema, Brais

15026716

IES Plurilingüe Adormideras

1.000 €

2297000751

Parada Burés, Diego

15004265

CPR Plurilingüe Liceo La Paz

1.000 €

2213000887

Pereira Angueira, Tomás

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

2289000814

Pérez Moreta, María

15015603

CPR Plurilingüe La Salle

1.000 €

2213000769

Pérez Soto, Mateo

15003212

IES Agra de Raíces

1.000 €

2280000665

Pin Yeste, Alberto

15004460

CPR Plurilingüe Peñarredonda

1.000 €

2239000423

Sanjurjo Carballeira, Erea

15025712

IES Antonio Fraguas Fraguas

1.000 €

2211001006

Sanmartín Goyanes, Alexandre

15015561

CPR Manuel Peleteiro

1.000 €

2261000911

Senín Sánchez, Clara

36012471

IES Castro Alobre

1.000 €

2264000569

Villamarín Puentes, Manuela

36019670

IES do Castro

1.000 €