Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Venres, 7 de outubro de 2022 Páx. 53729

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2022, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Belavista Óptica para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

7.3.2022

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Órganos e Tecidos e Gadisa Retail, S.L.U. para a convocatoria do IV concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes

Sen achega económica

11.3.2022

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., o Hospital Clinic de Barcelona e o Instituto de Investigacións Biomédicas August Pi i Sunyer para a aplicación e desenvolvemento da tecnoloxía Car-T na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

22.3.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica do Mar para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

4.4.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Suárez para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

4.4.2022

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Galápagos Biopharma Spain, S.L.U., para a realización de actividades de interés sanitario en materia de formación, investigación e innovación

Sen achega económica

25.4.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia

717.600,00 €

4.5.2022

Convenio entre a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) para a cesión de uso de locais no inmoble do complexo Monte da Condesa da USC para a sede e dependencias da ADOS

Sen achega económica

5.5.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Cronicas (CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela, para o proxecto de investigación titulado: Caracterización de novas moléculas de baixo peso molecular para o tratamento de enfermidades inflamatorias

Sen achega económica

5.5.2022

Convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Instituto de Salud Carlos III, O.A., M.P., para a mellora do coñecemento da infección pola VIH en Galicia

23.805,00 €

20.5.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Muíños para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Muíños

Sen achega económica

20.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Residencial Albi-Beade, S.L., para a organización da prestacion farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Xeriátrica Albi-Beade

Sen achega económica

24.5.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Sanxenxo para a posta en marcha dun programa piloto de reforzo e mellora da calidade dos servizos de atención primaria no concello durante o período estival

Sen achega económica

25.5.2022

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde y Almirall, S.A., para a análise e a presentación dos retos do teletraballo para os profesionais sanitarios galegos

Sen achega económica

25.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Jesús Óptico, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

30.5.2022

Convenio de Colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Baltar, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

30.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Ulloa Óptico Galicia, S.A., para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

30.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e La Óptica Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

30.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Óptica Vila Vázquez, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

30.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Centro Óptico Xove, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

30.5.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o establecemento Óptica Centro Óptico A Estrada, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais (programa Coida os teus ollos)

Sen achega económica

30.5.2022

Convenio específico de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazeneca Farmacéutica Spain, S.A. para a realización do Proxecto Galion: un proxecto de transformación da enfermidade renal crónica en Galicia

Sen achega económica

31.5.2022

Addenda de modificación do convenio entre o Centro para el Desarrollo Tecnologico Industrial E.P.E. e o Servizo Galego de Saúde relativo á contratación precomercial de servicios de I+D, en materia de ferramentas de apoio para o seguemento e control dos ensaios clínicos e para a medición dos seus resultados

Sen achega económica

31.5.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico social

28.304,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa atención xurídico social

155.989,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa atención xurídico social

16.552,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa atención xurídico social

23.978,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Erguete Integración, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa atención xurídico social

111.978,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa atención xurídico social

7.022,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa atención xurídico social

49.657,00 €

3.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o establecemento Óptico Deus, para o desenvolvemento dun programa de prevención dos problemas visuais

Sen achega económica

4.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Meira para a execución das obras de reforma de ampliación do centro de saúde de Meira

Sen achega económica

14.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vilar de Barrio no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Vilar de Barrio

4.450,00 €

22.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lugo para a execución das obras de reforma do centro de saúde da Milagrosa

Sen achega económica

22.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Baña no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde da Baña

23.990,17 €

22.6.2022

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Degen para a promoción da investigación e a mellora na atención ao paciente

Sen achega económica

22.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

30.000,00 €

23.6.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade da Coruña, para a xestión das taxas e prezos públicos correspondentes á Escola Universitaria de Enfermería dependente da Consellería de Sanidade e adscrita á citada universidade

Sen achega económica

29.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Boimorto no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Boimorto

24.938,36 €

29.6.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermedades Raras y Crónicas (Fegerec) para a rehabilitación fisioterapéutica nas enfermidades raras e neurodexenerativas

32.803,00 €

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia de Atención Integral Apamp

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Nuestra Señora de Fátima

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia O Bolo

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Fundación Benefico Asistencial Valdegodos para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia La Natividad de María

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia San Martín A Mezquita

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Nosa Señora do Carmen

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Centro Residencial O Castro para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Complexo Xerontolóxico O Castro

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Fundación San Rosendo para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Santa Olalla

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Gerolveira, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Puentevea

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Asociación de Padres de Personas con Parálise Cerebral da Coruña (Aspace) para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia de Gravemente Afectactos Aspace

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Pai Menni Hermanas Hospitalarias para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia de Adultos Pai Menni

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Santa María de Ois para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Santa María de Ois

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Dominio de Balboa, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no Centro Sociosanitario Residencia Xeriátrica San Cosme

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) para a organización da prestación farmacéutica na Residencia de Adultos La Casa de Lamastelle

Sen achega económica

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Entidade Asociación Pro Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia (Aspronaga) para a organización da prestación farmacéutica na Residencia de Gravemente Afectados Ricardo Baró

Sen achega económica

1.7.2022

Décimo sexto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

464.005,23 €

1.7.2022

Décimo sétimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 18 de xuño de 2001

3.770.524,58 €

1.7.2022

Décimo sexto acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde, publicado pola Orde do 20 de decembro de 2001

75.218,22 €

1.7.2022

Convenio de colaboración entre a Universidad de la Rioja, a Fundación Dialnet, e a Consellería de Sanidade da Xunta, o Servizo Galego de Saúde e a Axencia de Coñecemento en Saúde para o desenvolvemento do proxecto Dialnet portal da investigación

15.000 €/ano

5.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Palas de Rei, no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Palas de Rei

100.230,90 €

6.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, sensibilización e accesibilidade cognitiva na contorna sanitaria

43.405,00 €

7.7.2022

Convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Saúde Publica de Galicia, a Fundación Biomédica Galicia Sur e Gilead Sciences, S.L.U. para a realización de probas de detección de virus de transmisión sanguínea-Proxecto Focus-segunda edición

Sen achega económica

14.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo PAIME

75.000,00 €

18.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Laboratorios Novo Nordisk Pharma, S.A. para a actualización do proceso asistencial integrado Diabetes Mellitus Tipo 2

Sen achega económica

21.7.2022

Addenda para o acordo marco Bauhaus para a formalización da adhesión da Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Sen achega económica

28.7.2022

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia Primeira e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde

4.022.800,00 €

29.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Zas no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Zas

24.302,06 €

29.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Zas no cal se establecen as bases para a reforma e ampliación do consultorio de Baio

131.723,02 €

29.7.2022

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Baltar no cal se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Baltar

39.073,10 €

29.8.2022