Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54025

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022, do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 29 de setembro de 2022, o tribunal nomeado mediante a Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG número 201, do 5 de outubro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG número 213, do 8 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Facer pública, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na citada base.

Segundo. Elevarlle esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral fixo.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

Felipe García Calvo
Presidente do tribunal

ANEXO

Relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 020 do grupo II, terapeuta ocupacional, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Orde

Acceso

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

1

Libre

***1853**

García Crespo, María Vanessa

49,38

Exenta

38,00

87,38

2

Libre

***2756**

Calvo Torres, Inés

48,31

Exenta

38,00

86,31