Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 54027

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 26 de setembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso, por promoción interna, nos corpos de Policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461C).

Con data do 18 de agosto de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) número 156 a Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convoca o proceso selectivo de acceso por promoción interna e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (códigos de procedemento PR461C e PR461H).

Con data do 22 de agosto de 2022, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da devandita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido no punto 4.1 da referida Orde do 26 de xullo, esta dirección xeral emitiu a Resolución do 26 de setembro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por promoción interna nos corpos de Policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial (código de procedemento PR461C), que foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 190, do 5 de outubro.

A documentación recibida por parte do concello afectado cando se emitiu a Resolución do 26 de setembro acreditaba o cumprimento dos requisitos por parte dunha persoa aspirante. Non obstante, recibiuse nesta dirección xeral documentación que acredita o incumprimento dos requisitos desa persoa aspirante, polo que, en aplicación do establecido no punto 2.1 da convocatoria, que establece que as persoas interesadas en participar no proceso de acceso por promoción interna deberán posuír na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manter os requisitos, e ademais, detectados erros no cadro das causas de exclusión e a omisión por erro dunha das persoas aspirantes excluídas, esta dirección xeral

RESOLVE:

Modificar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo de acceso por promoción interna convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 156, do 18 de agosto), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe provisional de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp) https://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas e non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Agasp https://agasp.xunta.gal

A listaxe provisional de persoas excluídas no proceso de acceso por promoción interna, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

De conformidade co establecido no punto 4.2 da convocatoria, as persoas excluídas e as persoas declaradas non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, para emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión ou a non exención da proba de coñecementos de lingua galega.

Dispoñen do mesmo prazo as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude no proceso de acceso por oposición libre, non consten nin como admitidas nin como excluídas nas listaxes publicadas.

A Estrada, 6 de outubro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe provisional de persoas excluídas. Proceso de acceso por promoción interna aos corpos de Policía local de Galicia, escala básica, categoría de oficial, convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas exclusión

***722***

Álvarez

Pena

María

4

***747***

Areal

Lago

Damián

1, 2, 5, 7

***147***

Barreiro

Rodríguez

David

2, 7

***089***

Chan

Beloso

Jesús

2, 4, 7

***627***

Comesaña

Rosende

Jorge Enrique

9

***350***

Corral

Moldes

Rubén

4

***819***

Cuesta

Aiachi

José

4

***697***

Fernández

González

David

2, 4, 7

***630***

Gallego

Graña

Anxo

1, 2, 4, 7

***522***

González

Acea

Abraham

1, 2, 7

***771***

González

Castillo

Jesús Marco

1, 4, 6

***621***

González

Fortes

Juan Carlos

1, 4, 6

***907***

Iglesias

Rodríguez

Unay

5

***750***

Otero

Penela

Fernando

1, 4, 6

***808***

Otero

Villar

Ezequiel

4

***746***

Pérez

Barreira

Xosé Antón

1, 5

***704***

Pérez

Diz

Juan Pablo

4, 8

***720***

Pérez

Teixeira

Óscar

4, 6

***149***

Reza

Gómez

María Rosaura

1

***828***

Rodríguez

Montero

Ismael

2, 7

***656***

Rodríguez

Sánchez

José

2, 4, 7

***335***

Rodríguez

Sanmartín

Juan Salvador

2, 5, 7

***141***

Sabucedo

Bestilleiro

Francisco

1, 7

***913***

Toucedo

Garrido

Enrique

9

***586***

Ubeira

Grosio

Patricia

4

***370***

Varela

Míguez

Ángel

5

***309***

Vera

Armada

Jara María

4

***389***

Verde

Viéitez

José Manuel

4

***826***

Vidal

Bravo

Daniel

1, 2, 7

Causas de exclusión

1

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

2

Non presenta certificado acreditativo segundo o establecido no punto 3.4.1.g) da convocatoria ou é erróneo

3

O certificado presentado non acredita todos os requisitos do punto 3.4.1.g) da convocatoria

4

Non presenta o documento especificado no punto 3.4.1.e) da convocatoria

5

A documentación presentada incumpre o establecido no punto 3.4.1.f) da convocatoria

6

Non presentou e non foi posible comprobar o cumprimento do requisito da titulación exixida

7

Non acredita o cumprimento dos requisitos establecidos nos puntos 2.1.f) e 2.1.g) da convocatoria

8

Non foi posible consultar a inexistencia de antecedentes penais. Debe presentar certificado acreditativo

9

Non acredita o cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2.1.h) da convocatoria