Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Luns, 10 de outubro de 2022 Páx. 53959

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pola que se publica a Resolución do 4 de outubro de 2022 de concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil (código de procedemento BS324A).

No Diario Oficial de Galicia número 164, do 30 de agosto de 2022, publícase a Orde do 10 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS324A).

As subvencións individuais destínanse á realización de prácticas formativas non laborais por persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, en entidades ou empresas públicas ou privadas en países europeos.

O procedemento de concesión de subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

Con data do 29 de setembro de 2022 publícase no Diario Oficial de Galicia, número 186, a Orde do 26 de setembro de 2022, pola que se modifica a Orde do 10 de agosto de 2022 nos números 2 e 3 do artigo 5, relativo á duración das prácticas formativas e período subvencionable, que se amplía ata o 22 de decembro de 2022, e o punto primeiro do artigo 20, referido a xustificación da subvención, que se amplía ata o 30 de decembro de 2022.

De conformidade coa disposición adicional segunda, apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Política Social e Xuventude na persoa titular da dirección xeral con competencias en materia de xuventude, para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Así mesmo, o artigo 12 da orde indica que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá efectos de notificación. Con carácter complementario serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es/).

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 4 de outubro de 2022, ditada no procedemento BS324A de concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil, e que se anexa á presente resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 4 de outubro de 2022 pon fin a este procedemento e esgota a vía administrativa. Contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. A notificación da resolución comprenderá o acto de outorgamento da subvención que será efectiva desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 18 da orde de convocatoria. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que a persoa beneficiaria a acepte expresamente e concrete a entidade ou empresa de realización da práctica mediante a entrega da documentación, de conformidade co artigo 7 da orde e que a continuación se relaciona, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación:

a) O anexo II da orde de convocatoria, cuberto aceptando ou renunciando á subvención, en que se incluirá:

1º. En caso de aceptar a subvención, o número de conta bancaria co código IBAN de que sexa titular a persoa beneficiaria.

2º. Se é o caso, a solicitude do anticipo previsto no artigo 21, marcando o recadro previsto para o efecto.

b) Sempre que non se presentase con anterioridade, o anexo III da orde de convocatoria, ou compromiso da empresa ou entidade de prácticas. O anexo deberá estar asinado pola persoa responsable da dita empresa ou entidade.

A falta de presentación en prazo e forma dos anexos II e III determinará a perda do dereito á subvención, logo de resolución ditada nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, incluíndo audiencia da persoa beneficiaria.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

Cristina Pichel Toimil
Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO

Resolución do 4 de outubro de 2022 de concesión de subvencións individuais
destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa,
dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil,
con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil
(código de procedemento BS324A).

Antecedentes.

Procedemento BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega.

A Orde do 10 de agosto de 2022 establece as bases para a concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil, Diario Oficial de Galicia núm. 164, do 30 de agosto de 2022. Esta orde foi modificada pola Orde do 29 de setembro de 2022, DOG núm. 186, do 29 de setembro de 2022, que ampliou o prazo de realización das prácticas formativas e o prazo de xustificación da subvención.

A finalidade deste programa é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que non estean ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a súa incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que contribúen a aumentar a empregabilidade das persoas mozas.

Estas subvencións están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Social Europeo.

Eixe 1B. Fomento do emprego sustentable e de calidade e mobilidade laboral.

Prioridade de investimento 8.2: integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas, en particular daquelas sen traballo e non integradas nos sistemas de educación ou formación, así como das persoas mozas que corren o risco de sufrir exclusión social e as procedentes de comunidades marxinadas, tamén a través da aplicación de Garantía Xuvenil.

Obxectivo específico 8.2.2: reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación.

Medida 8.2.2.8: programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais.

De conformidade co artigo 2 das bases, a contía total do programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa 2022 é de 550.000,00 €, para o que existe crédito suficiente nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 no código de proxecto 2022 00109.

Os gastos subvencionables e a contía da subvención recóllense no artigo 6 da Orde do 10 de agosto de 2022.

A determinación do importe da subvención realizarase conforme un baremo estándar de custos unitarios por participante que varía en función do país de destino, duración das prácticas e se solicita apoio lingüístico.

Feitos.

Primeiro. A Comisión de Avaliación o día 3 de outubro de 2022 asinou a acta na cal se recollen as avaliacións das solicitudes admitidas a trámite segundo os criterios do artigo 15.

Segundo. Como resultado da aplicación dos criterios de avaliación obtívose unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases para adquirir a condición de beneficiario/a, con indicación da puntuación outorgada en cada unha delas.

Segundo o artigo 16 da Orde do 10 de agosto de 2022, a concesión da axuda efectuarase consonte a orde de prelación establecida no informe da Comisión de Avaliación, ata esgotar o crédito orzamentario correspondente. Así mesmo, as persoas que non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente por esgotarse o crédito orzamentario correspondente pasarán a conformar unha lista de espera, que formará igualmente parte da proposta de resolución, coa finalidade prevista no número 2 do artigo 17.

Terceiro. O órgano instrutor, con base no informe da Comisión Cualificadora, tendo en conta as bases da convocatoria, eleva a súa proposta de concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa.

Fundamentos xurídicos.

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto nos artigos 13 e 15 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta dirección xeral, de conformidade co disposto na Orde do 10 de agosto de 2022,

RESOLVE:

Primeiro. Conceder ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución as subvencións convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 13.06.313A.480.0.

A concesión desta subvención supón que a persoa beneficiaria acepta ser incluída na lista pública de operacións prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas a FSE e outros fondos.

Para dar cumprimento aos requisitos de información e comunicación previstos nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 1304/2013 (modificado polo Regulamento 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018), poñeranse á disposición das persoas beneficiarias a través da aplicación informática Participa 1420 os cuestionarios de indicadores de produtividade, resultado inmediato e de resultado a longo prazo, garantindo a integridade dos datos e a depuración automática da información.

As subvencións concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 22 da Orde do 10 de agosto de 2022 recollidas no anexo I desta resolución.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde a recepción da notificación, para achegar o anexo II da orde de convocatoria aceptando ou renunciando á subvención e, no caso de solicitaren o anticipo previsto no artigo 21.2 da orde terán que indicalo no mesmo anexo.

No mesmo prazo de 10 días hábiles deberán presentar, sempre que non o presentasen con anterioridade, o anexo III da orde de convocatoria ou compromiso de empresa/entidade de prácticas. O anexo deberá estar asinado pola persoa responsable da empresa/entidade.

A non presentación dos anexos II e III en prazo e forma comporta a declaración da perda do dereito á subvención.

Segundo. A xustificación da subvención realizarase con data límite do 30 de decembro de 2022, para o cal se achegará a documentación recollida no artigo 20 da orde de convocatoria.

Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa, poderase proceder ao pagamento da subvención concedida. No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 23.

De conformidade co previsto nos números 1 e 3 do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas mozas beneficiarias poderán solicitar, na forma e no prazo establecidos no artigo 18.1, o pagamento anticipado do 80 % da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á actividade subvencionada.

O pagamento do 20 % restante do importe concedido realizarase tras a presentación da xustificación final da subvención.

Terceiro. Denegar ás persoas relacionadas no anexo II desta resolución as subvencións solicitadas polas causas que se detallan e aceptar a renuncia presentada.

Contra esta resolución que pon fin ao procedemento e esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2022. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Orde do 10.8.2022; DOG núm. 164, do 30 de agosto). Cristina Pichel Toimil, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

ANEXO I

A. Relación de persoas beneficiarias.

Orde

Nº de exp.

Nome

Apelidos

NIF

País

Puntuación total

Orzamento

Nº meses

Nº días

1

2022/A/012

Iria

Vilas Iglesias

***3004**

Francia

9,9

3.535,30 €

2

15

2

2022/A/065

Anxo

Rey Rey

***9260**

R. Unido

8

3.494,00 €

2

3

2022/A/009

Cristina

Dueñas Aragón

***4927**

Irlanda

7,8

3.799,95 €

2

15

4

2022/A/041

Ana Isabel

López Durán

***2351**

R. Unido

7,8

3.494,00 €

2

5

2022/A/001

Claudia

Iglesias Arriaran

***0101**

Italia

7,7

3.515,70 €

2

15

6

2022/A/038

Ana

Táboas Veiga

***1316**

Francia

7,4

2.836,00 €

2

7

2022/A/055

Santiago

Torres López

***1480**

R. Unido

7,4

3.494,00 €

2

8

2022/A/056

Andrea

Crujeiras Crujeiras

***9844**

Portugal

7,4

2.716,30 €

2

10

9

2022/A/068

Manoel

Lorenzo Xoubanova

***0423**

Italia

7,4

3.365,70 €

2

15

10

2022/A/064

Sara

Blanco Albite

***8613**

Irlanda

7,4

3.799,95 €

2

15

11

2022/A/072

Jacobo

Baltasar Vázquez

***6669**

Polonia

7,3

3.441,00 €

2

15

12

2022/A/073

Laura

Comesaña Cabaleiro

***9644**

Malta

7,3

2.326,00 €

2

13

2022/A/076

María Goretti

Paz González

***8495**

Finlandia

7,2

2.950,00 €

2

14

2022/A/011

Noelia

Rodríguez Carreira

***7238**

Madeira

7

4.313,50 €

2

15

15

2022/A/031

Daniela

Méndez Guerrero

***5470**

Madeira

6,9

4.313,50 €

2

15

16

2022/A/083

Lorena

Pérez Pérez

***2234**

R. Unido

6,8

3.494,00 €

2

17

2022/A/006

Ángela

Rodríguez López

***8911**

R. Unido

6,7

4.318,55 €

2

15

18

2022/A/015

Sara

Vigo Rodiño

***6357**

Portugal

6,7

2.747,45 €

2

15

19

2022/A/017

Elisa

Osorio Novas

***8125**

Irlanda

6,7

3.463,04 €

2

8

20

2022/A/075

Maftuna

Sayitova

***3626**

Italia

6,7

2.850,00 €

2

21

2022/A/005

Paula

Pérez Pecorelli

***7190**

Bélxica

6,6

2.991,75 €

2

15

22

2022/A/023

Daniel

Fraga Lodeiro

***3106**

Irlanda

6,6

3.216,78 €

2

6

23

2022/A/032

Nerea Virginia

Blanco Souto

***9920**

R. Unido

6,6

3.494,00 €

2

24

2022/A/045

Raquel

Díaz Bouza

***2622**

R. Unido

6,6

4.043,70 €

2

10

25

2022/A/071

Cristian

González Sengo

***6285**

R. Unido

6,5

3.494,00 €

2

26

2022/A/008

Ángela Sofía

Fariña Framil

***9954**

R. Unido

6,5

4.168,55 €

2

15

27

2022/A/069

Jacobo

Currás Rodríguez

***7403**

Polonia

6,5

3.007,00 €

2

5

28

2022/A/014

Andrea

Cabarcos Alvariño

***3751**

Portugal

6,5

2.276,46 €

2

2

29

2022/A/047

María

Pulgar Méndez Benegassi

***1245**

R. Unido

6,5

4.168,55 €

2

15

30

2022/A/060

Vanesa

Miras Garabato

***6204**

R. Unido

6,5

3.494,00 €

2

31

2022/A/059

Candela

González Campos

***0944**

Azores

6,3

3.490,00 €

2

32

2022/A/007

Jesús

Fernández Gutiérrez

***6200**

Portugal

6,3

2.897,45 €

2

15

33

2022/A/036

Pedro

Iglesias Iglesias

***6024**

Irlanda

6,3

2.928,00 €

2

34

2022/A/061

Jaime

Vázquez García

***8169**

P. Baixos

6,3

3.208,98 €

2

13

35

2022/A/091

Cesáreo

Belsol Loureiro

***6118**

Malta

6,3

2.326,00 €

2

36

2022/A/022

Gara

López Bethencourt

***6810**

Bélxica

6,3

3.141,75 €

2

15

37

2022/A/034

Alba

Covelo Garrido

***1360**

R. Unido

6,3

4.318,55 €

2

15

38

2022/A/039

Marta

Cebeiro Vigo

***5256**

P. Baixos

6,3

3.228,60 €

2

10

39

2022/A/053

Ana

Randolfe Grande

***7539**

R. Unido

6,3

3.494,00 €

2

40

2022/A/063

Cristina

Barros Marzoa

***0227**

R. Unido

6,3

3.494,00 €

2

41

2022/A/077

Emma

Fernández-Portal Calaza

***8217**

R. Unido

6,3

3.494,00 €

2

42

2022/A/033

Sheyla

González Álvarez

***1836**

R. Unido

6,2

4.318,55 €

2

15

43

2022/A/027

Lois

Fernández Fernández

***8628**

Irlanda

6,1

3.078,00 €

2

44

2022/A/018

María

Varela Thomas

***7818**

P. Baixos

6,1

3.445,90 €

2

15

45

2022/A/026

Abril

Redondo López

***5847**

R. Checa

6,1

2.703,05 €

2

15

46

2022/A/030

Lucía

Rodríguez Garay

***9932**

Bélxica

6,1

2.400,00 €

2

47

2022/A/049

María Elena

Casal González

***8311**

Portugal

6,1

2.897,45 €

2

15

48

2022/A/054

Paula

Blanco Vázquez

***0835**

R. Unido

6,1

3.494,00 €

2

49

2022/A/067

Patricia

Pallas Otero

***5465**

R. Unido

6,1

3.494,00 €

2

50

2022/A/085

Cristina

Sanmartín Díaz

***9189**

Madeira

6,1

4.313,50 €

2

15

51

2022/A/024

Adriana

González Pinto

***1547**

Irlanda

5,9

3.078,00 €

2

52

2022/A/090

Ana

Veiga Vázquez

***6221**

R. Unido

5,9

3.494,00 €

2

53

2022/A/035

Daniela

Abalo Castellanos

***0891**

R. Unido

5,7

4.318,55 €

2

15

54

2022/A/016

Gabriela

Dueñas Aragón

***2274**

Irlanda

4,7

3.799,95 €

2

15

55

2022/A/057

Daniel

Rivas Arevalo

***1754**

Irlanda

4,3

3.078,00 €

2

56

2022/A/051

Antía

Vázquez Rodríguez

***9762**

Portugal

4,3

2.897,45 €

2

15

57

2022/A/088

Aldara

Calo Lamelas

***5961**

Portugal

4,2

2.354,00 €

2

58

2022/A/019

Michelle

Outeda García

***4166**

R. Unido

4,1

3.494,00 €

2

59

2022/A/037

Katya

Rodríguez González

***9212**

Francia

3,9

3.685,30 €

2

15

60

2022/A/002

Luis José

Boullosa Martínez

***6734**

R. Unido

3,8

4.318,55 €

2

15

61

2022/A/058

María Eugenia

Martínez Quintana

***2985**

Alemaña

3,7

3.206,65 €

2

15

62

2022/A/044

Andrea María

Pérez Miguez

***0672**

Irlanda

3,5

3.078,00 €

2

63

2022/A/025

Clara

Martínez Álvarez

***8258**

Alemaña

3,3

3.206,65 €

2

15

64

2022/A/020

Antía

Pérez Tubío

***6108**

R. Unido

3,2

4.168,55 €

2

15

65

2022/A/078

Alba

Enríquez Cruz

***1456**

R. Unido

3,2

4.318,55 €

2

15

66

2022/A/082

Blanca

Quintanilla Pérez

***7375**

P. Baixos

3,2

2.794,00 €

2

67

2022/A/089

Sara

Cardalda Mariño

***9956**

Dinamarca

3

4.273,70 €

2

15

68

2022/A/013

José Ramón

Santos López

***8250**

R. Unido

2,8

4.318,55 €

2

15

69

2022/A/074

Manuel

Fernández López

***8719**

Azores

2,8

4.313,50 €

2

15

70

2022/A/087

Borja

Abal Varela

***8693**

Irlanda

2,8

3.559,30 €

2

10

71

2022/A/010

Bárbara

Barbeito Gende

***4405**

Irlanda

2,8

3.649,95 €

2

15

72

2022/A/040

Elena

Bernárdez Neira

***3045**

Irlanda

2,8

3.799,95 €

2

15

73

2022/A/062

Aldara

Palmeiro Pazos

***8917**

R. Unido

2,8

3.494,00 €

2

74

2022/A/080

Lucía

Duran González

***4602**

Irlanda

2,8

3.559,30 €

2

10

75

2022/A/021

Lara

Caeiro de Soto

***9106**

Italia

2,6

3.515,70 €

2

15

76

2022/A/042

Aroa

Sánchez Fernandes

***3169**

P. Baixos

2,6

3.228,60 €

2

10

77

2022/A/046

Raquel

Vázquez Nieto

***2095**

Irlanda

2,6

2.928,00 €

2

78

2022/A/066

Paula

Fernández Cores

***2794**

Azores

2,6

3.490,00 €

2

79

2022/A/028

Xoel

Ferreiro Ponte

***4357**

Finlandia

2,4

3.490,45 €

2

15

80

2022/A/029

Noelia

Fernández Ventureira

***0320**

R. Unido

1,3

4.318,55 €

2

15

B. Obrigas das persoas beneficiarias das actividades subvencionadas.

a) Manter contacto coa dirección xeral competente en materia de xuventude desde o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e durante o ano seguinte á finalización das prácticas.

b) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás cales sexan convocadas pola dirección xeral competente en materia de xuventude, tanto previas á saída, como durante a estadía formativa, ou á volta das prácticas.

c) Cubrir os cuestionarios relativos aos indicadores de produtividade e de resultados, cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo VII da Orde do 10 de agosto de 2022, no prazo de 10 días hábiles desde que os referidos cuestionarios estean á súa disposición a través da aplicación Participa 1420.

d) Remitirlle á dirección xeral competente en materia de xuventude, de conformidade co artigo 7:

1º. Ata 3 días antes de comezar as prácticas, copia da póliza obrigatoria de accidentes e seguro de responsabilidade civil e da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico equivalente.

2º. No prazo máximo de 3 días desde que se inicien as prácticas deberán enviar un correo electrónico onde se indique:

2º.1. Se existe ou non algunha variación nos datos indicados no anexo III da orde de convocatoria.

2º.2. O calendario de realización das prácticas, no cal se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables por semana e o horario.

3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo máximo dos 3 días seguintes contados desde o acontecemento do feito, con motivación das causas.

4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo III cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo dos 3 días seguintes contados desde a realización do cambio. En ningún caso, poderá admitirse un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas subvencións concedidas.

e) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada, sen incumprimento horario nin faltas de asistencia non xustificadas. Isto sen prexuízo das compensacións horarias e de días de asistencia que se poidan facer de acordo coa empresa ou entidade de prácticas.

f) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e, en xeral, no transcurso da mobilidade.

g) Cumprir coas normas e recomendacións sanitarias para facer fronte á COVID-19 que sexan de aplicación en cada un dos países de destino.

h) Con carácter previo á concesión e aos pagamentos da subvención, estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e non ter débedas pendentes de ningunha natureza coa Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e Xuventude, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como do Tribunal de Contas, as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do Fondo Social Europeo e da IEX e as que poidan corresponder no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

j) Manter unha pista de auditoría suficiente, conservar os documentos orixinais ou copias debidamente compulsadas ou ben en soportes de datos comunmente aceptados, en especial versións electrónicas de documentos orixinais ou documentos existentes unicamente en versión electrónica, xustificativos da actuación realizada e da aplicación dos fondos recibidos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. A dispoñibilidade dos documentos será de dous anos contados a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída, de conformidade co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control. O comezo dese prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

k) Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo Fondo Social Europeo.

l) Comunicarlle á dirección xeral competente en materia de xuventude as modificacións que se produzan nos requisitos e condicións que determinaron a concesión da axuda. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza.

m) Comunicarlle á dirección xeral competente en materia de xuventude a obtención doutras axudas para o mesmo concepto. Ao respecto, a persoa solicitante debe incluír no anexo I da orde de convocatoria a declaración relativa a outras axudas e, con posterioridade á presentación da solicitude, comunicar a súa obtención, de ser o caso (anexo VI da orde de convocatoria).

n) Subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.

ñ) Cumprir cos requisitos e obrigas recollidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 3 de xuño, e coas restantes obrigas contidas nesta orde e demais normativa.

ANEXO II

Relación de persoas excluídas e renuncia

Nº de exp.

Nome

Apelidos

NIF

Estado exp.

Motivo de exclusión

2022/A/003

Génesis Cristina

Marte Navarro

49670759M

Excluído

Non beneficiaria no SNGX (artigo 4.1.c)

2022/A/004

Ana María

Añel Prieto

34628628N

Renuncia

Remisión de renuncia á subvención

2022/A/043

Estela

Rodríguez González

34632776C

Excluído

Non está ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT (artigo 9.1.f)

2022/A/048

Abel

Fernández Otero

53614383A

Excluído

Non está ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT (artigo 9.1.f)

2022/A/050

Daniel Felipe

Arana Álvarez

77544038K

Excluído

Non está ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT (artigo 9.1.f).

Non beneficiaria no SNGX (artigo 4.1.c)

2022/A/052

Cynthia

Gómez Vázquez

77462698D

Excluído

Non inscrita no SNGX (artigo 4.1.c)

2022/A/070

Denis

Carballas Riveiro

53817465H

Excluído

Non está ao día do pagamento de obrigas tributarias coa AEAT (artigo 9.1.f)

2022/A/079

Merve

Gungor

Y9029440E

Excluído

Non está empadroada na Comunidade Autónoma de Galicia coa antigüidade mínima dun ano (artigo 4.1.b)

2022/A/081

María del Carmen

Dacasa Cao

39492180F

Excluído

Non inscrita no SNGX (artigo 4.1.c)