Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54147

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade da relación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 9 de marzo de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A).

O 23 de marzo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, do 9 de marzo de 2022, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A).

Así mesmo, o 23 de marzo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia o extracto da dita convocatoria, co identificador 616213 da Base de datos nacional de subvencións, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Ao abeiro da dita convocatoria, con data do 28 de xullo de 2022, a Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ditou a resolución da concesión e a denegación de subvencións, con indicación de que se lles notificase aos interesados.

Segundo o establecido nos artigos 15.4 das bases reguladoras aprobadas por Resolución do 9 de marzo de 2022 e 20.8.b) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, as subvencións concedidas serán publicadas no Diario Oficial de Galicia e tamén remitidas á Base de datos nacional de subvencións.

Faise constar que, consonte o establecido no artigo 6 da Resolución do 9 de marzo de 2022, as actuacións están cofinanciadas nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % pola Xunta de Galicia, no marco da submedida 7.3 de apoio ás infraestruturas da banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, e modificado mediante Decisión de execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño.

Así mesmo, cómpre sinalar que, segundo o establecido no artigo 8 das bases reguladoras da convocatoria aprobada mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022, as subvencións concedidas ao abeiro destas bases quedan sometidas ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos regulamentos seguintes: Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) 2020/972 da Comisión, do 2 de xullo (DOUE L 215, do 7 de xullo); e Regulamento (UE) nº 1408/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola (DOUE L 352, do 24 de decembro), modificado polo Regulamento (UE) 2019/316 da Comisión, do 21 de febreiro (DOUE L 51, do 22 de febreiro), segundo proceda.

En consecuencia, resolvo que se proceda á publicación da relación de expedientes que resultaron beneficiarios da subvención, que se incorpora como anexo a esta resolución, e que se remita a información da concesión á Base de datos nacional de subvencións.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO

a) Norma reguladora da convocatoria: Resolución do 9 de marzo de 2022 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR604A, DOG núm. 57, do 23 de marzo).

b) Programa: 571A.

c) Crédito orzamentario: 04.A1.571A.770.0. Achegas ás empresas para o desenvolvemento da sociedade da información.

d) Finalidade: subvencións a empresas illadas en zonas rurais para a contratación de servizos de banda larga ultrarrápida en zonas que non conten con acceso a este tipo de redes nin existan plans de despregamento en curso para estas redes e, polo tanto, a empresa está illada destas redes.

e) Entidades beneficiarias e cantidades concedidas de subvención para o ano 2022.

Expediente

Nome ou razón social

NIF

Subvención

PR604A_2022_020

Ecocentro, S.C.

J27489954

19.934,33 €

PR604A_2022_026

Organiza-Nigrán, S.L.

B36929230

11.475,00 €

PR604A_2022_009

Xosé Manuel Ledo Fernández

***1944**

12.475,50 €

PR604A_2022_012

Repr. Fidalgo Castelo, S.L.U.

B27426972

13.399,12 €

PR604A_2022_007

Manuel Diéguez Vázquez

***9747**

8.335,11 €

PR604A_2022_039

Aira S. Coop. Galega

F27317593

4.867,20 €

PR604A_2022_006

Explotaciones Carboeiro, S.L.L.

B27224484

5.847,76 €

PR604A_2022_008

Sergio Estévez Álvarez

***7079**

4.553,44 €

PR604A_2022_013

Metal Pedrouzo, S.L.

B27192483

4.790,52 €

PR604A_2022_015

Manuel Nieto Ramos

***2336**

4.901,53 €

PR604A_2022_029

Héctor Ledo Rodríguez

***6534**

9.897,52 €

PR604A_2022_014

Grandes Pequeñas Casas, S.L.

B15586514

10.062,22 €

PR604A_2022_018

Explot Avícolas de Melide, S.C.

J15980493

19.095,04 €

PR604A_2022_019

Explot Avícolas de Melide, S.C.

J15980493

19.095,04 €

PR604A_2022_016

María Teresa Jiménez Horwitz

***8274**

6.812,30 €

PR604A_2022_044

Avícola Tratante, S.L.

B36040541

11.700,00 €

PR604A_2022_011

Padronor, S.L.

B70340450

3.164,78 €

PR604A_2022_021

Pablo Vicente Carrera

***0083**

13.818,91 €

PR604A_2022_043

Trepas Producións, S.L.

B94162161

5.127,36 €

PR604A_2022_047

Olga Aira Saco

***2625**

4.042,56 €

PR604A_2022_030

Coop. Ourensanas S. Coop. Galega

F32001976

15.848,60 €

PR604A_2022_057

Verónica Cela Prado

***3120**

11.255,33 €

PR604A_2022_022

Ilona Timchenko Timchenko

***5280**

2.021,45 €

PR604A_2022_002

María Jesús Suárez García

***9432**

14.360,00 €

PR604A_2022_051

Minas de Bandeira, S.A.

A36634889

14.960,00 €

PR604A_2022_004

Promotora de Minas de Carbón, S.A.

A28436749

15.120,00 €

PR604A_2022_024

Trina Palas, S.L.

B01634625

15.611,40 €

PR604A_2022_003

Viñedos Altos de Torona, S.L.

B36381002

13.896,00 €

PR604A_2022_025

Excavaciones y Construcciones Laureano Covelo, S.A.

A36029239

18.200,00 €

PR604A_2022_017

Gallepat, S.L.

B70367339

8.900,00 €