A representación da titularidade do centro privado (CPR) Fesán, de Santiago de Compostela, solicita a modificación da autorización para impartir o curso de especialización en Cultivos celulares.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización para impartir o curso de especialización en Cultivos celulares, no centro que se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Fesán.
Código: 15032364.
Domicilio: rúa de Amio, 114, parque empresarial Costa Vella.
Localidade: Santiago de Compostela.
Concello: Santiago de Compostela.
Provincia: A Coruña.
Titular: Fundación de Estudios e Análises (Fesán).
Composición resultante:
a) Modalidade presencial, réxime ordinario:
• CM Coidados auxiliares de enfermaría (1 unidade para 20 alumnos/as).
• CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• CS Anatomía patolóxica e citodiagnóstico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• CS Educación infantil (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• CS Laboratorio clínico e biomédico (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• CS Radioterapia e dosimetría (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• Curso de especialización en Cultivos celulares (1 unidade para 20 alumnos/as).
b) Modalidade semipresencial e a distancia, réxime de persoas adultas:
• CS Educación infantil.
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia no curso de especialización, así como o equipamento necesario.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deba modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2022
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades