Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54249

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistente/a social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión do 30 de setembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG número 250, do 14 de decembro) para cualificar este proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. Publicar a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

De conformidade coa base IV.2 da convocatoria, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) desta resolución, para presentar a documentación prevista na devandita base.

Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como persoal laboral.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2022

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

Concurso

Total

1

***3456**

Castro Besteiro, Marta

51,20

Exenta

38,00

89,20

2

***6127**

Ocampo López, Cristina

44,60

Exenta

36,00

80,60

3

***0124**

Pérez Espinosa, Magdalena

33,80

Exenta

36,36

70,16

4

***2257**

Fernández Lema, Sabela

32,80

Exenta

35,87

68,67

5

***8909**

Pérez Alborés, María Luz

34,40

Exenta

22,30

56,70

6

***6854**

Da Silva Vecino, Jonatan

38,10

Exento

10,65

48,75