Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54234

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría Informática.

O plan de estudos do título de máster universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade da Coruña foi publicado pola Resolución do 15 de decembro de 2015 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 4 de xaneiro de 2016, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013, publicado mediante a Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de abril de 2013 no BOE do 23 de abril.

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do máster universitario en Enxeñaría Informática que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) o día 12 de maio de 2021.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade da Coruña, coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2021/22.

A Coruña, 27 de setembro de 2022

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 4313644.

Plan de estudos que se inicia no curso 2021/22.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento a que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….………..…...……......................…

Prácticas externas (PE)...………...……......................………

Traballo fin de máster (TFM)……..……......................………

Total……......………………………….................….............….

63

12

15

90

3. Contido do plan de estudos.

3.1. Contido do plan de estudos por módulo.

Módulo

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Curso

Dirección e Xestión

Planificación Estratéxica de Sistemas de Información

OB

6

Dirección de Proxectos

OB

6

Tecnoloxías Informáticas

Informática como Servizo

OB

6

Análise de Sistemas de Información

OB

6

Deseño de Sistemas de Información

OB

6

Interacción, Gráficos e Multimedia

OB

6

Recuperación da Información e Web Semántica

OB

6

Calidade, Seguridade e Auditoría Informática

OB

6

Arquitecturas e Plataformas Móbiles

OB

6

Intelixencia de Negocio

OB

6

Emprendemento e Autoemprego

Emprendemento e Autoemprego

OB

3

Prácticas en empresa

Prácticas en empresa

PE

12

Traballo fin de máster

Traballo fin de máster

TFM

15

3.2. Contido do plan de estudos por curso.

Primeiro curso:

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Informática como Servizo

OB

6

Análise de Sistemas de Información

OB

6

Deseño de Sistemas de Información

OB

6

Interacción, Gráficos e Multimedia

OB

6

Recuperación da Información e Web Semántica

OB

6

Planificación Estratéxica de Sistemas de Información

OB

6

Dirección de Proxectos

OB

6

Calidade, Seguridade e Auditoría Informática

OB

6

Arquitecturas e Plataformas Móbiles

OB

6

Intelixencia de Negocio

OB

6

Segundo curso:

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Emprendemento e Autoemprego

OB

3

Prácticas en empresa

PE

12

Traballo fin de máster

TFM

15

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral. No 1º curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre.

4. Condicións de terminación.

O alumnado deberá superar 90 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Enxeñaría Informática pola Universidade da Coruña.