Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54237

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 21 de setembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 11 de abril de 2022 (DOG núm. 73, do 18 de abril) modificada pola Resolución do 10 de maio de 2022 (DOG núm. 94, do 16 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, modificar os seguintes modelos de corrección de respostas do segundo exercicio do proceso selectivo:

– Na especialidade de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, acceso libre, ante as alegacións feitas polos aspirantes:

• Anular a pregunta 14, relativa á parte troncal, que será substituída pola pregunta de reserva 61.

• Anular a pregunta 41, relativa á parte específica, que será substituída pola pregunta de reserva 63.

• Modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 50, relativa á parte específica, sendo correcta a alternativa c).

• Desestímanse na súa totalidade o resto de alegacións.

– Na especialidade de seguridade no traballo, acceso libre/promoción interna, ante as alegacións feitas polos aspirantes:

• Anular a pregunta 32, relativa á parte específica, que será substituída pola pregunta de reserva 63.

• Modificar o modelo de corrección de respostas na pregunta 50, relativa á parte específica, sendo correcta a alternativa b).

• Dado que a pregunta 14 da parte troncal da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía se corresponde exactamente coa 14 do exame da especialidade de seguridade no traballo, acorda anular esta pregunta 14 e substituíla pola pregunta de reserva 61.

• Desestímanse na súa totalidade o resto de alegacións.

– Na especialidade de hixiene industrial, acceso libre, ante as alegacións feitas polos aspirantes:

• Dado que a pregunta 14 da parte troncal da especialidade de ergonomía e psicosocioloxía se corresponde exactamente coa 14 do exame da especialidade de hixiene industrial, acorda anular esta pregunta 14 e substituíla pola pregunta de reserva 61.

• Desestímanse na súa totalidade o resto de alegacións.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, superarán o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtivesen unha puntuación mínima de vinte puntos (20 puntos). Para estes efectos, de conformidade coas bases da convocatoria, mediante a Resolución deste tribunal, do 12 de xullo de 2022, pola que se dá publicidade aos parámetros para a cualificación do segundo exercicio, estableceuse que superarán o segundo exercicio as persoas aspirantes que obtivesen un mínimo de 24 respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, para o cal se terá en conta que cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

Asignarase a valoración de vinte (20) puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obteñan unha nota equivalente á nota de corte fixada. O resto das persoas declaradas aptas terán unha cualificación distribuída entre os 20 e os 40 puntos proporcional ao número de respostas correctas. Do mesmo xeito, asignarase a puntuación proporcional que corresponda ás persoas aspirantes declaradas non aptas.

Feita a corrección en sesión do 19 de setembro de 2022, obtiveron a puntuación mínima de 20 puntos un total de:

– Especialidade de seguridade no traballo:

Acceso libre: 19 aspirantes.

Promoción interna: 4 aspirantes.

– Especialidade de hixiene industrial, acceso libre: 22 aspirantes.

– Especialidade e ergonomía e psicosocioloxía aplicada, acceso libre: 9 aspirantes.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidades de seguridade no traballo, de hixiene industrial e de ergonomía e psicosocioloxía aplicada, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.1.2 da convocatoria.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2022

Ángel López Álvarez
Presidente do tribunal