Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54357

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Teo

ANUNCIO da convocatoria e bases para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha praza de oficial da Policía Local, funcionario de carreira, correspondente á oferta de emprego público do ano 2022.

A Resolución da Alcaldía núm. 1111/2022, do 2 de setembro, aprobou a convocatoria e as bases específicas do proceso selectivo para a provisión, polo sistema de promoción interna, dunha (1) praza de oficial da Policía Local do Concello de Teo, correspondente á oferta de emprego público 2022, coas seguintes características:

Denominación da praza

Oficial

Réxime

Funcionario de carreira

Unidade/área

Policía local

Escala/subescala

Administración especial/servizos especiais

Grupo/subgrupo

C/C1

Nivel

20

Titulación exixible

Bacharelato ou técnico

Quenda de acceso

Promoción interna

Sistema selectivo

Concurso-oposición

Núm. de vacantes

1

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 173, do 12 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria.

Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal

Teo, 12 de setembro de 2022

Rafael C. Sisto Edreira
Alcalde