Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Martes, 11 de outubro de 2022 Páx. 54356

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO do proceso selectivo para cubrir unha praza de administrativo-adxunto de Intervención.

Mediante a Resolución de Alcaldía, do 5 de outubro de 2022, aprobáronse as bases que deberán rexer a provisión dunha praza de administrativo-adxunto de Intervención, pertencente á oferta de emprego público de 2022, en réxime de funcionario de carreira, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As bases e os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo, así como no taboleiro físico e electrónico deste concello (https://concellodeboveda.sedelectronica.es).

Bóveda, 5 de outubro de 2022

José Manuel Arias López
Alcalde