Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 23 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de inscrición, baixa e/ou modificación/actualización de datos do Rexistro Vitícola de Galicia (expediente MV3220221732).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Segundo o establecido no artigo indicado, o acto será publicado no Boletín Oficial del Estado, e a súa eficacia quedará supeditada a esa publicación.

O acto foi adoptado pola xefa do Servizo de Explotacións Agrarias.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Explotacións Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4 e 6 baixo (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Ourense, 23 de setembro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

Anexo

Expediente

Persoa interesada

Acto de notificación

MV/32/2022/1732

09997880X

Requirimento de documentación