Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 27 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (expedientes lote 213).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de intentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícaselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo, as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador, por infraccións na orde social. A seguir publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderá interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda perante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 27 de setembro de 2022

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº de expediente

Acto que se notifica

Concello

34878584G

34878584G/26-07-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Salceda de Caselas

35582968J

35582968J/22-07-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Salceda de Caselas

36140890R

36140890R/12-05-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

53177673V

53177673V/27-05-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

53198069N

53198069N/09-05-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

73240382X

73240382X/23-08-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Moaña

Y3819958V

Y3819958V/10-03-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Cangas

Y7724513T

Y7724513T/06-06-2022/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Vigo

39485630N

39485630N/21-03-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

X8594146N

X8594146N/29-03-2022/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Lorca