Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2022 pola que se acorda a adxudicación, polo procedemento de alleamento, de tres inmobles situados nos concellos de Santiago de Compostela e Touro, e se declara deserta a adxudicación do resto de inmobles.

Mediante as ordes da Consellería de Facenda e Administración Pública, do 29 de novembro de 2021 e 4 de maio, 9 de maio e 13 de maio de 2022, foi autorizado o alleamento, mediante poxa pública, de bens inmobles situados nos concellos de Touro, A Baña e Santiago de Compostela.

Logo de publicarse o 7 de xuño de 2022 no Diario Oficial de Galicia, número 108, e nun xornal de ampla difusión (La Voz de Galicia do mesmo día), o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 21 de xullo de 2022 a poxa pública anunciada, co que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións

1. A Carlos Blanco Blanco, polo prezo de 5.017,46 €, un terreo cunha superficie de 358 m2, en orixe caseta de legoeiros, situada xunto á estrada autonómica actualmente identificada como AC-240, de Ponte Ulla a Touro, ao seu paso polo lugar de Quintás, parroquia de Prevediños, no concello de Touro (A Coruña). Estremeiros: norte, Carlos Blanco Blanco; sur e oeste, Filomena Vilas García; e leste, estrada autonómica AC-240. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa no tomo 873, libro 128, folio 160, predio 24103. Referencia catastral: 15086C504020020000KL.

2. A Emilio Balsa Mansilla, polo prezo de 5.016,24 €, a parcela nº 187 Lagos, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 13.934 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, zona excluída e camiño público; sur, María Josefa Iglesias Pérez; leste, zona excluída, e oeste, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria. Inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 de Santiago de Compostela como predio 22.930, tomo 1.202, libro 244, folio 184. Referencia catastral 15079C503001870000WK.

3. A Miguel Ángel Parente Alamancos, polo prezo de 7.060,00 €, a parcela nº 254 Chan dos Montes, situada en San Xoán de Fecha (Santiago de Compostela), cunha superficie aproximada de 19.610 m2 que, segundo o Rexistro da Propiedade, estrema: norte, camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; sur, Luis García Miramontes e outros; leste, zona excluída, e oeste, con Josefa Bastón García e outro. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela como predio nº 22.936, tomo 1.202, libro 244 e folio 187. Referencia catastral: 15079D503002540000LD.

Segundo. Declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxa a adxudicación dos seguintes bens inmobles

1. Parcela de aproximadamente 230 m2, situada no lugar dos Torreis de Abaixo, polígono 513, parcela 2013, Agra de Abaixo, no concello de Touro (A Coruña). Estrema o conxunto: norte, predio a nome de herdeiros de Seixo Barral; sur, estrada de Ponte Ulla a Touro; leste, herdeiros de Seixo Barral; oeste, herdeiros de Seixo Barral. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arzúa como predio número 23.102 de Touro, no folio 110 do libro 123, tomo 856. Referencia catastral 15086B513020130000QB.

2. Labradío de 13 áreas e 93 centiáreas, no sitio de Agro dos Cruceiros, concello da Baña, nº 380 do plano xeral de concentración parcelaria de San Miguel de Cabanas. Estrema: norte con Carmen Turnes Román e Francisco Pena Suárez e outros; sur, con Manuela Santos Calvo; leste, con camiño construído polo Servizo de Concentración Parcelaria; oeste, con Severino Pérez. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira como predio nº 17.437, no tomo 867, libro 157, folio 105. Referencia catastral 4588908NH2548N0001RO.

Terceiro. O pagamento dos prezos de adxudicación efectuaranse segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei de patrimonio.

Cuarto. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, quedan a cargo do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se produzan neste procedemento de alleamento.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021; DOG nº 246, do 24 de decembro)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda
e Administración Pública