Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 27 de setembro de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 195/2022 contra a Resolución do 20 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, pola que se dá publicidade de diversos acordos (Diario Oficial de Galicia número 18, do 27 de xaneiro de 2022).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 195/2022, fronte á Resolución do 20 de xaneiro de 2022, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, polo que se dá publicidade de diversos acordos (DOG núm. 18, do 27 de xaneiro de 2022).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido Xulgado no prazo de nove días, contados dende o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública