Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54729

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se conceden a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2022/47 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionaria: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo,

Denominación: liña subterránea de media tensión CT San Francisco-CT San Cristóbal.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Liña subterránea de media tensión a 20 kV, con orixe nunha cela existente do CT 6490 San Francisco e final nunha cela existente do CT 7249 San Cristóbal, cunha lonxitude de 235 metros en condutor RHZ1-240.

Finalidade da instalación: mellora de instalacións.

Orzamento: 54.885,64 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Lugo.

• Separata para a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, concederlles a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá ser realizada por técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. Deberanse cumprir en todo momento as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

En relación coa instalación de baixa tensión, deberase seguir o disposto no artigo 18 do Real decreto 842/2002 para a súa posta en servizo, así como na súa instrución ITC-BT-04, e deberase achegar no seu momento a documentación exixida con carácter previo á posta en servizo da instalación, para a súa revisión por esta Administración e posterior inscrición da instalación no correspondente rexistro.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 27 de setembro de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo