Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Xoves, 13 de outubro de 2022 Páx. 54731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 26 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA ALB804, apoios con números 36-53 (Cenlle-San Amaro), nos concellos de Cenlle e San Amaro, na provincia de Ourense.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA ALB804, apoios con números 36-53 (Cenlle-San Amaro), nos concellos de Cenlle e San Amaro, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si ou representadas por persoa debidamente autorizada, que deberán exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 26 de setembro de 2022

Alicia López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2021/144-3.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Concellos: Cenlle e San Amaro.

Denominación da instalación: Regulamentación LMTA ALB804, apoios con números 36-53 (Cenlle-San Amaro).

Predio nº

Titular

Incidencia

Lugar

Data

Hora

1

María Fernández Vázquez

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de San Amaro

10.11.2022

10.15

3

Manuel Fernández Seoane

Notificación infrutuosa

Casa do Concello de Cenlle

10.11.2022

11.30