Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, no se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación LMT ALB801 APOIO 83-18-7-2, no concello de Avión (expediente IN407A 2021/102-3 AT), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, situada na rúa Curros Enríquez, 1-4º, 32003 Ourense (solicitando cita previa no teléfono de contacto 988 38 67 10, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres). A persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes valoracións ao enderezo que sinalen.
Transcorrido o prazo de dez días indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 27 de setembro de 2022
Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2021/102-3-AT.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación dla instalación: regulamentación LMT ALB801 apoio 83-18-7-2.
Concello: Avión.
Predio nº |
Lugar |
Incidencia |
1 |
Souteiras |
Titular descoñecido |