Convocada mediante a Resolución CM-01/2022, do 9 de marzo (DOG nº 56, do 22 de marzo), a provisión dun posto de xefe/a de equipo de mantemento, polo sistema de concurso de méritos, esta xerencia da Área Sanitaria, á vista das solicitudes e méritos acreditados polos aspirantes, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, do 25 de outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 22 de abril de 2020 (DOG nº 82, do 29 de abril) de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe/a de equipo de mantemento, realizada mediante a Resolución CM-01/2022, do 9 de marzo (DOG nº 56, do 22 de marzo).
Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo I a esta resolución.
Terceiro. De conformidade coa base novena da convocatoria, a candidata nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da supervisión, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.
Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Contra esta resolución poderase interpoñer, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Ferrol, 30 de setembro de 2022
Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol
ANEXO I
1. Posto de traballo: xefe de equipo de mantemento.
Nome e apelidos: Francisco Javier Cana Villar.
DNI: ****367**.