Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55029

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 2022 pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre, e se anuncian o lugar, a data e a hora do primeiro e segundo exercicios do proceso de acceso por oposición libre, escala básica, categoría de policía (código de procedemento PR461B).

O 11 de agosto de 2022 o DOG fixo pública a Orde do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía.

O 17 de agosto de 2022, o Boletín Oficial del Estado publicou o anuncio da dita convocatoria e abriuse o prazo de presentación de solicitudes.

O 22 de setembro de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 19 de setembro pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre. Esta resolución concedía un prazo de dez días hábiles para emendar os motivos de exclusión ou de non exención da proba de lingua galega. Unha vez rematado este prazo e de acordo co establecido nos puntos 3 e 4 da referida Orde do 26 de xullo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar con carácter definitivo as listaxes de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo de acceso por oposición libre convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022 (DOG núm. 153, do 11 de agosto), así como as listaxes de persoas exentas e non exentas da realización da proba de coñecementos da lingua galega.

A listaxe definitiva de persoas admitidas poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública: http://agasp.xunta.gal

A listaxe de persoas declaradas exentas ou non exentas da realización da proba de lingua galega poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública: http://agasp.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas excluídas no proceso de acceso por oposición libre, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Segundo. O primeiro exercicio do proceso selectivo de acceso por oposición libre, correspondente á proba de avaliación de coñecementos, terá lugar o día 24 de outubro de 2022, no pavillón 2 do Recinto Ferial de Silleda, 36540 Silleda (Pontevedra) en chamamento único, que se realizará ás 10.00 horas.

As persoas convocadas deberán presentarse na porta asignada, que será publicada con anterioridade á proba na páxina web da Agasp, coa seguinte documentación:

1. DNI ou documento fidedigno que acredite a súa identidade.

2. Lapis número 2, goma de borrar e, no caso de realizar a proba de coñecementos da lingua galega, bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento dos cales se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Terceiro. O segundo exercicio do proceso selectivo, correspondente á proba de avaliación do coñecemento da lingua galega, realizarase inmediatamente a continuación da primeira proba, unha vez finalizada esta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o director xeral da Agasp, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados do mesmo xeito, nos termos previstos na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Estrada, 11 de outubro de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Listaxe definitiva de persoas excluídas. Proceso de acceso por oposición libre nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, convocado pola Orde do 26 de xullo de 2022

NIF cifrado

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

Causas de exclusión

***416***

Abuín

Hernández

Jesús María

4

***208***

Acedo

Merelles

Alejandro

2, 5

***827***

Álvarez

Puente

Gala

5

***874***

Arza

Albizurri

David

5

***900***

Blanco

Fariña

Marcos

5

***538***

Blanco

Pérez

Adrián

5

***293***

Cabrera

Lado

Iago

3

***132***

Cao

Diéguez

Juan

5

***009***

Castro

Cabeza

Marcos

4

***756***

Castro

Roca

Christian

5

***294***

Del Río

Grela

Rebeca

5, 6, 7

***952***

Dors

 

Vivian Thierry

5

***978***

Durán

Rodríguez

José Ángel

4

***744***

Fernández

Cancelas

María Estela

5

***689***

Fernández

Sotelo

Diana Victoria

4, 5

***497***

Figueiras

Pérez

Iago

5

***622***

García

Martínez

Óscar

4, 5, 6, 7

***642***

García

Rubira

Laura

5

***323***

García

Simarro

Clara

5

***562***

Gendra

Rodríguez

Noelia

3

***370***

Gómez

Castro

José Esteban

4

***026***

Gómez

Fernández

Pedro Ramón

1, 5

***750***

González

Fumega

Alejandro

4, 5

***102***

Guimeráns

Sobreira

Eloy

1

***810***

Hurtado

Grima

Pablo

5

***223***

Iglesias

Outón

Juan Antonio

3, 4, 5

***992***

Llao

García

Thor

1, 4

***074***

López

González

Isabel

1, 5

***093***

López

Mayo

Brais

5

***781***

López

Rus

Vanesa

5

***133***

Martínez

Lado

Borja

3, 4, 5

***324***

Martorell

Bibiloni

Jaime

5, 6

***047***

Moreno

Rodríguez

Alba

4, 5

***566***

Mosquera

Tarrío

Martín

5

***594***

Mourille

Iglesias

Ricardo

5

***493***

Nieto

Lareo

Adrián

5

***841***

Núñez

Santos

Lorena

3, 4, 5

***740***

Otero

Folgueira

Jesús

3

***615***

Pereira

Dopazo

Cristian José

5

***918***

Porto

González

David

5

***675***

Raña

Bangueses

Antonio

6

***525***

Reboredo

Rodríguez

Adrián

5

***487***

Rivero

Quintas

Iñaki

5, 6

***465***

Rodríguez

López

Alejandro

5

***583***

Rodríguez

Rivas

José Rafael

5

***890***

Rodríguez

Suárez

Francisco Javier

5

***179***

Roel

Vallo

Marcos

4, 5

***067***

Sieira

González

David

5

***858***

Yáñez

Fernández

Yago

5

***137***

Zas

Sánchez

Adrián

5

Causas de exclusión

1

Non presenta xustificante do aboamentoda taxa

2

O importe aboado é incorrecto

3

Non foi posible consultar os antecedentes penais

4

Non ten ou non foi posible consultar a titulación académica requirida

5

Non ten ou non foi posible consultar os datos do carné de conducir

6

Modelo de instancia ou solicitude non válido ou incompleto

7

Non acredita representación