Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 54844

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

EXTRACTO da Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

BDNS (Identif.): 625517.

De conformidade co previsto no artigo 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

As persoas que xa foron beneficiarias da axuda para adquirir material escolar por importe de 50 €, ao abeiro da Orde do 29 de abril de 2022, e o alumnado que se incorpore a un centro docente sostido con fondos públicos ao longo do curso e ata o do 31 de marzo de 2023, que perciba a axuda para adquirir material escolar da Orde do 29 de abril de 2022.

Segundo. Obxecto

A concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Cuarto. Importe

Material escolar: financiado con 2.390.000 € para o ano 2022 e 100.000 € para o ano 2023.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional
e Universidades