Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55163

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para prover unha praza de arquitecto/a técnico/a.

No Boletín Oficial da provincia de A Coruña número 178, do 19 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para prover unha praza de arquitecto/a técnico/a, pertencente ao cadro de persoal de funcionarios/as de carreira, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnicos superiores, grupo A, subgrupo A2, nivel 23, código RPT 03.01.02.02, a través do proceso selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 22 de setembro de 2022

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde