Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do inicio do prazo de presentación de solicitudes para os procesos selectivos das ofertas de emprego público dos anos 2017, 2018 e 2019 (3ª fase da convocatoria).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, do 20 de setembro de 2022, publicáronse as bases específicas das prazas de economista, técnica/o superior de arquivos, diplomada/o en traballo social, enxeñeira/o técnica/o, enxeñeira/o técnica/o forestal, técnica/o media/o de sistemas, administrativa/o da Administración xeral, capataz de limpeza, encargada/o de servizo de cemiterios, inspectora/inspector de control de concesionarias, inspectora/inspector de ambiente, inspectora/inspector de obras, servizos e infraestruturas, inspectora/inspector de seguridade e mobilidade, programadora/programador informática, auxiliar da Administración xeral, auxiliar de biblioteca, inspectora/inspector auxiliar de servizos, oficial de oficios, axudante de oficios, operadora/operador informática, subalterna/o e mestra/e de formación de pintura, incluídas nesta 3ª fase da convocatoria.

As bases xerais dos procesos selectivos derivados da execución das ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2017, 2018 e 2019 publicáronse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 7 de xullo de 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, para persoal funcionario, sexa pola quenda libre ou por promoción interna, e laboral pola quenda libre, e anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra para persoal laboral pola quenda de promoción interna.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente se publicarán no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Corporación, ademais de na páxina web municipal www.vigo.org

Vigo, 21 de setembro de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto de Alcaldía do 16.4.2021, acordos da Xunta de Goberno Local do 22.4.2021 e do 8.9.2022, e Resolución de Alcaldía do 6.9.2022)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira delegada da Área de Seguridade, Contratación e Xestión Municipal