Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 14 de outubro de 2022 Páx. 55060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do parque eólico Borreiro, situado nos concellos da Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra (IN408A 2019/63).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación do proxecto: Parque eólico Borreiro.

Concellos afectados: A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

Potencia para instalar: 20 MW.

Número de aeroxeradores a instalar: 5.

Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 71.780 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 20.991.893,64 €.

Localización: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y(ETRS89)

a

548.100,00

4.719.900,00

b

550.650,00

4.720.200,00

c

552.100,00

4.719.800,00

d

552.100,00

4.717.400,00

e

548.100,00

4.717.400,00

Coordenadas dos aeroxeradores, da torre meteorolóxica e do centro de seccionamento e control (CSC):

Aeroxerador

UTM-X (ETRS89)

UTM-Y

(ETRS89)

Concello

BO01

550.533,00

4.719.731,00

Forcarei

BO02

551.122,00

4.719.236,00

Forcarei

BO03

550.888,00

4.718.599,00

Forcarei

BO04

548.456,00

4.719.416,00

A Estrada

BO05

548.618,00

4.718.965,00

A Estrada

Torre meteorolóxica

Torre 1

X (ETRS89)

Y (ETRS89)

Concello

550.671,00

4.719.360,00

Forcarei

Centro de seccionamento e control

CSC

X (ETRS89)

Y (ETRS89)

Concello

549.775,00

4.718.400,00

A Estrada

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 5 aeroxeradores tripá modelo Siemens Gamesa SG155-6.0 de 155 m de diámetro, ou similar, 6 MW de potencia unitaria limitados a 4 MW e 122,5 m de altura de buxa. Cada un deles estará equipado cun transformador elevador de 30/0,69 kV e potencia aparente de 4.500 kVA situado no seu interior.

– Unha torre meteorolóxica de 122,5 m de altura, con 3 anemómetros, dous cataventos, un anemómetro de fluxo vertical, dous sensores de temperatura e un pluviómetro.

– A rede de media tensión do parque recollerá a enerxía xerada polos aeroxeradores e transportarase ata o centro de seccionamento e control e desde este ata a subestación Quireza (non obxecto deste expediente); estará formada polos seguintes elementos:

• 5 centros de transformación de tensión aparente de 4.500 kVA, grupo de conexión Dyn11 e tensión 30/0,69 kV instalados no interior dos aeroxeradores.

• 2 liñas soterradas de 30 kV para conectar os aeroxeradores entre si e co CSC:

◦ Circuíto nº 1 conecta BO-01,BO-02 e BO-03 co CSC, lonxitude 4.501 m.

◦ Circuíto nº 2 conecta BO-04 e BO-05 co CSC, lonxitude 2.898 m.

• 1 liña de 30 KV para conectar o CSC coa subestación Quireza, e que conta pola súa vez con dous tramos aéreo e tres soterrados:

◦ Tramos aéreos (de lonxitude total 7.978 m).

▪ Desde apoio 1 ao apoio 2.

▪ Desde apoio 3 ao apoio 35.

◦ Tramos soterrados (de lonxitude total 1.021 m).

▪ Desde CSC ao apoio de paso aéreo-soterrado nº 1.

▪ Desde apoio aéreo-soterrado nº 2 ao nº 3.

▪ Desde apoio aéreo-soterrado nº 35 á entrada da subestación elevadora.

Os condutores de media tensión serán de tipo RHZ1-2OL 18/30 kV Al +H 16 e sección variable de 240, 400 e 630 mm2.

A rede de cables do parque eólico estará composta polo tendido de media tensión, rede de terras (condutor de cobre espido de sección 50 mm2 no fondo das gabias), comunicacións e fibra óptica que conecta os aeroxeradores co sistema automático de control do parque; realizarase mediante condución en gabias cunha lonxitude total proxectada de 6.927,00 m máis 172 m adicionais para o tendido de baixa tensión para a interconexión entre a torre meteorolóxica e o aeroxerador BO01.

– O centro de seccionamento e control do parque estará constituído por un edificio prefabricado onde se recollerá a enerxía procedente do dito parque, que se enviará á subestación colectora de Quireza (non obxecto deste expediente) para a súa evacuación á rede eléctrica nacional. Constará dos seguintes elementos:

• Unha cela de liña de interconexión coa subestación de Quireza de 30 kV.

• Dúas celas de liña de 30 kV para a conexión dos aeroxeradores.

• Unha cela de medida con transformadores de tensión.

• Unha cela de transformador de servizos auxiliares de 30 kV.

• Un transformador de servizos auxiliares 30/0,42-0,242 kV de 50 kVA.

O sistema de control utilizará unha rede de fibra óptica que enlaza os aeroxeradores co servidor Scada. O Sistema automático de control de parque comprende:

• Sistema de control de aeroxeradores.

• Supervisión da torre meteorolóxica do parque.

• Sistema de control do CS.

• Sistema de comunicacións.

• Sistema de regulación de potencia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e demais normas de aplicación relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico).

O que se fai público de conformidade co artigo 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 51.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (avda. Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como nas dependencias dos concellos da Estrada (praza do Concello, s/n, 36680 A Estrada), Forcarei (praza da Igrexa nº1, 36550 Forcarei) e Cerdedo-Cotobade (sede municipal de Carballedo: Chan, 11, 36856 Carballedo, ou sede municipal de Cerdedo: praza do Concello, nº 1, 36130 (Cerdedo).

Pontevedra, 13 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra