Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 18 de outubro de 2022 Páx. 55381

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2022 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína.

Antecedentes.

O 8 de xuño de 2022 publicouse o Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios.

O día 22 de xullo de 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 140 a Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína.

O día 28 de xullo de 2022 aprobouse a listaxe preliminar de persoas físicas e xurídicas susceptibles de seren beneficiarias destas axudas de acordo co establecido no punto terceiro da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína. Ás persoas interesadas outorgóuselles un prazo de dez días hábiles para presentaren alegacións e documentación, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Consideracións legais e técnicas.

A tramitación das axudas previstas nesta resolución regúlase polo disposto no Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no anexo I da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína e demais normativa de xeral aplicación.

O artigo 12 do anexo I da Resolución do 15 de xullo de 2022 establece que a persoa titular da Dirección do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) será competente para resolver estas axudas.

Consonte o artigo 12.2 do anexo da Resolución, as resolucións das axudas serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro. De conformidade co establecido no artigo 45 da indicada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, cunha ligazón á páxina web do Fogga.

Nesta notificación especificaranse a convocatoria, a persoa beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como, se for o caso, as causas da desestimación, e expresaranse, ademais, os recursos que procedan contra a resolución, o órgano administrativo e xudicial ante o cal se deben presentar e o prazo para interpoñelos.

De conformidade co establecido, a persoa titular da Dirección do Fogga, unha vez analizadas todas as solicitudes, alegacións e documentacións presentadas e de acordo co anterior,

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade á resolución da concesión das axudas do Fogga ao abeiro do Real decreto 428/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa dunha axuda excepcional de adaptación para compensar as dificultades económicas derivadas do conflito bélico en Ucraína en determinados sectores agrarios, e da Resolución do 15 de xullo de 2022 para a concesión directa, mediante resolución, das axudas excepcionais a determinadas explotacións gandeiras para compensar as dificultades económicas derivadas da invasión rusa de Ucraína, na seguinte ligazón da páxina web do Fogga:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/beneficiario_de_axudas_pac/campana-2022

Segundo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Dirección do Fogga, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria