Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55533

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 16 de setembro de 2022 pola que se publica o acordo pactado na Mesa sectorial de negociación do persoal estatutario, sobre medidas retributivas e de mellora no seo do Plan de ordenación de recursos humanos de atención primaria.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 182, do venres 23 de setembro de 2022, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 49510, no 4º parágrafo, onde di: «Tras a negociación en mesa sectorial os días 14 e 29 de xuño, co apoio das organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF e SATSE, propóñense as medidas seguintes:», debe dicir: «Tras a negociación en mesa sectorial os días 14 e 29 de xuño, co apoio das organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF, SATSE e UGT, propóñense as medidas seguintes:».

Pola súa vez, na páxina 49513, na epígrafe «ANEXO. Novos concellos con postos de difícil cobertura», na Área Sanitaria de Vigo, onde se fai referencia a «S.A.P. A Guarda», «S.A.P. Tui», «U.A.P. O Rosal», «U.A.P. Santa María de Oia» e «C. Tabagón»; deben substituírse por «A Guarda», «Tui» e «O Rosal».

Finalmente, na páxina 49514, na Área Sanitaria de Ourense, onde se fai referencia a «Vilamarín», debe substituírse por «Vilamartín de Valdeorras».