Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55647

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 15 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente LU-0000032792).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase a persoa interesada para ser notificada do acto do requirimento da emenda da solicitude ditado no procedemento instado por ela relativo ao expediente relacionado no anexo.

A persoa interesada, ou persoa que legalmente a represente, poderá comparecer para ter coñecemento íntegro de acto e constancia deste, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude de Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que este requirimento outorga á persoa interesada un prazo de 10 días para a emenda da solicitude contados desde o día seguinte ao da súa notificación practicada por comparecencia a través deste anuncio. Transcorrido o dito prazo sen realizar a emenda, terase por desistida da súa petición, nos termos previstos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase ao arquivamento do expediente logo de resolución ditada nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 15 de setembro de 2022

Francisco Javier Vázquez Nodal
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/ procedemento bs210a

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000032792

27/10185621/92

Requirimento da emenda da solicitude

3.6.2022