Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Xuventude

ANUNCIO do 26 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acto administrativo ditado no procedemento BS611A (expediente 2022/3871-1).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica da notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázase, para realizar a notificación do acto administrativo de citación, a persoa interesada que se sinala no dito anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a dita persoa interesada, por si ou a través da persoa que a represente debidamente acreditada, poderá comparecer, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social e Xuventude, Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades, sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, r/ Vicente Ferrer, nº 2, 15008, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencer o prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírteselle que, de non atender ao establecido no acto de citación unha vez practicada a súa notificación por comparecencia ou tras o seu vencemento, de acordo co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación, producirase a caducidade do procedemento pola paralización imputable á persoa interesada e acordarse o arquivamento das actuacións, logo de resolución, que será notificada á dita persoa interesada.

A Coruña, 26 de setembro de 2022

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente/procedemento BS611A

Persoa interesada

Acto administrativo

Data do acto administrativo

2022/3871-1

32679781R

Citación para o recoñecemento

19.9.2022