Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55558

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2022 pola que se dá publicidade dos convenios subscritos no segundo cuadrimestre do exercicio 2022.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), establece que cada consellería ou entidade deberá publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referidos ao cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica no segundo cuadrimestre de 2022, a cal se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2022

Fernando Guldrís Iglesias
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Convenio

Data

sinatura

Importe (€)

2022

2023

2024

2025

Addenda ao convenio, asinado o 22 de febreiro de 2022, entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Asociación de Xóvenes Empresarios de Ourense e o Parque Tecnolóxico de Galicia para a posta en marcha dun polígono virtual

13.5.2022

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica e o Consello Galego de Cámaras para instrumentar unha encomenda de xestión para a colaboración técnica na valoración obxectiva dos proxectos para a súa declaración como iniciativas empresariais prioritarias (Lei 5/2017), como proxectos estratéxicos (Decreto lexislativo 1/2015) e como proxectos sectoriais (Lei 1/2021)

20.5.2022

70.000,00

Convenio entre a Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica e Nuevo Micro Bank, S.A.U. para o establecemento dunha liña de financiamento para emprendedores galegos retornados

23.5.2022

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica, a Universidade de Santiago de Compostela e a Confederación de Empresarios de Galicia, para o desenvolvemento do Global Entrepreneurship Monitor (proxecto GEM) en España a nivel rexional

2.6.2022

35.000,00

Convenio entre a Consellería de Facenda e Administración Pública, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2022

6.6.2022

7.500,00

Addenda ao convenio, asinado o 19 de maio de 2021, entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) para a posta en marcha dunha oficina técnica xestora dos proxectos integrados de automoción Autoáncora

4.7.2022

Sen achega económica

Convenio entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Axencia Galega de Innovación (Gain), a Sociedad Gestora de Entidades de Tipo Cerrado, S.A.U. (Xesgalicia), o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedade de Capital Risco, S.A., S.M.E., para o desenvolvemento das sétima e oitava edicións do programa Viagalicia

10.7.2022

117.128,00

299.176,54

211.992,00

49.303,56

Protocolo de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto Galego de Promoción Económica, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

22.7.2022

Sen achega económica