Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55596

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 30 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican varios actos administrativos en materia de enerxía ditados en procedementos da competencia desta xefatura.

Logo de intentar en tempo e forma a práctica da notificación dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto nos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio emprázanse para proceder á notificación dos actos administrativos as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou as persoas representantes debidamente acreditadas.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), para compareceren, en persoa ou debidamente representadas, nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra, con enderezo na avenida María Victoria Moreno, nº 43, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Todas aquelas persoas que soliciten acudir a estas dependencias deben solicitar cita previa a través do teléfono 986 80 52 37.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer

Pontevedra, 30 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Brígida Barreiros Costas

Resolución do 4 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración, en concreto, de utilidade pública da parte aérea da instalación eléctrica recuamento LMT VAA-705 derivada CT SMA encoro nos concellos de Vigo e Gondomar (expediente IN407A 2019/014-4) e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita.

Bibiana Regueira Fernández

Resolución do 4 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2021/295-4).

Alejandro Figueroa Palau

Resolución do 29 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Nigrán (expediente IN407A 2022/029-4), e a Resolución do 13 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica regulamentación GON805 entre apoios 39-45 e 39-50 no concello de Nigrán (expediente IN407A 2022/029-4).

Aurora Reinaldo Vázquez

Resolución do 11 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2022/062-4).

María Mercedes Pacheco Paz

Resolución do 11 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Cambados (expediente IN407A 2022/112-4).

Manuel Costas Hermida

Resolución do 13 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica regulamentación GON805 entre apoios 39-45 e 39-50 no concello de Nigrán (expediente IN407A 2022/029-4).

María Isabel Otero Castro

José Pardo Quilla

Resolución do 26 de agosto de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de desistencia da solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica LMTA e substitución apoio 9NUVEAF8//27 na LMT VLG806 no concello do Grove (expediente IN407A 2022/193-4).

María del Carmen González Bernárdez

Resolución do 16 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/27-4).

Consuelo Rodríguez Blanco

María Manuela Taboada Fernández

Resolución do 20 de xullo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2022/220-4).