Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2022 Páx. 55594

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza a execución do proxecto de desmontaxe e peche dunha instalación eléctrica no concello de Vilagarcía de Arousa (expediente IN407A 2022/187-4).

Visto o expediente para a autorización de desmontaxe e peche da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: desmontaxe do CT Brandariz 36C339.

Situación: Vilagarcía de Arousa.

Elementos que se desmontan:

Centro de transformación Brandariz con matrícula 36C339, situado no interior do edificio número 18 da rúa Castelao de Vilagarcía de Arousa.

Consideracións legais:

A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

De acordo co disposto no artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos artigos 135 a 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o peche de instalacións está suxeito a un procedemento de autorización. En consecuencia, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar a execución das actuacións recollidas no proxecto de desmontaxe do centro de transformación Brandariz 36C339, concedéndolle un prazo de 12 meses, a partir da recepción deste documento, para a súa realización.

O remate dos traballos descritos neste proxecto deberá ser comunicado a esta xefatura territorial, coa finalidade de que sexan comprobadas as actuacións realizadas e emitir a preceptiva acta de peche de instalacións, tal e como dispón o artigo 139 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das actuacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación o publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Pontevedra, 27 de setembro de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra