A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021438AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, nos cales se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.
Logo de intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.
Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Ourense, 4 de outubro de 2022
Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense
ANEXO
Número de expediente |
DNI/NIE da persoa interesada |
Último enderezo coñecido |
2021438AE-OU |
34634570C |
Rúa Cerdeiro, núm. 13, 2º D, 32630 Xinzo de Limia (Ourense) |
2021461AE-OU |
76582232Y |
Barrio Bermún, bloque 2, 27500 Chantada (Lugo) |
2021462AE-OU |
X8307954D |
Rúa Vázquez Núñez, núm. 2, 3º, 32002 Ourense |
2021474AE-OU |
46905799J |
Rúa Asturias, núm. 18, 15007 A Coruña |
2021495AE-OU |
45164586S |
Rúa Tras Castro, núm. 1, 32001 Ourense |