Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 4 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica a resolución de arquivamento de varios procedementos sancionadores por infracción en materia sanitaria (expediente 2021416AE-OU e catro máis).

A xefa territorial de Ourense ditou a resolución de arquivamento do procedemento sancionador 2021416AE-OU e catro máis por vulneración da normativa sanitaria como consecuencia do fallo da Sentenza nº 183/2021 do Tribunal Constitucional, polo que se declaran inconstitucionais e nulos varios preceptos ou incisos de preceptos do Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, en que se baseaban os acordos de inicio dos referidos expedientes sancionadores.

Tras intentar a notificación destas resolucións segundo o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se puido efectuar, polo que mediante este anuncio notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o coñecemento das persoas interesadas.

Contra as presentes resolucións, que non poñen fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade, Edificio Administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación destas resolucións, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Este anuncio expídese para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Ourense, 4 de outubro de 2022

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente

DNI/NIE

da persoa interesada

Último enderezo coñecido

2021416AE-OU

Y3401339K

Avenida de Portugal, núm. 59, 4º B, 32002 Ourense

2021417AE-OU

Y2388072L

Rúa Curros Enríquez, núm. 26, 4º A, 32500 O Carballiño (Ourense)

2021418AE-OU

Y2129125Y

Rúa Antonio Puga, núm. 36, 3º esquerda, 32002 Ourense

2021431AE-OU

Y1130078X

Avenida de Portugal, núm. 124, 3º A , 32600 Verín (Ourense)

2021437AE-OU

44486889J

Estrada Abelenda, núm. 54, Abelenda, 32520 Avión (Ourense)