Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación da resolución de modificación do Acordo do 13 de xuño de 2022 e da emenda de erro do 10 de agosto de 2022, da zona de concentración parcelaria do Burgo-Vilamaior-Camba (Castro Caldelas, Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, a persoa interesada citada no anexo poderá comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Para garantir unha atención adecuada, con anterioridade á referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 3 de outubro de 2022

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

76695729K

Resolución do 13 de xuño de 2022

Corrección de erro do 10 de agosto de 2022

76702168C

Resolución do 13 de xuño de 2022

Corrección de erro do 10 de agosto de 2022

76698234L

Resolución do 13 de xuño de 2022

Corrección de erro do 10 de agosto de 2022