Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Xoves, 20 de outubro de 2022 Páx. 55757

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 19 de outubro de 2022 pola que se outorgan nomeamentos aos rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles para rexistros vacantes.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 313 convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública do 5 de setembro de 2022 (BOE do 12 de setembro) e resolto pola Resolución do 3 de outubro de 2022, e de conformidade co artigo 284 da Lei hipotecaria, co artigo 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 58/2022, do 15 de maio, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que se relacionan no anexo, para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2022

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANEXO

• José Luis Pol Domínguez, rexistrador da Coruña nº 4, para o Rexistro de Noia.