Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 56077

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Porto do Son

ANUNCIO de ampliación do acordo de suspensión de outorgamento de licenzas derivado da ampliación do ámbito inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun equipamento educativo en Portosín.

Na sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local do 30 de setembro de 2022 apróbase provisionalmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dun equipamento educativo en Portosín (Porto do Son) e acórdase ampliar o ámbito en que se suspende o outorgamento das licenzas na nova parcela afectada pola aprobación provisional do Plan especial segundo o resumo executivo que consta no expediente. A duración da suspensión permanece inalterable desde que se acordou con motivo da aprobación inicial do plan e estenderase ata a aprobación definitiva do plan e, en todo caso, por un prazo máximo de 2 anos. Esta ampliación da suspensión publicarase no DOG, nun dos diarios de maior difusión de Galicia e na sede electrónica do Concello de Porto do Son (https://portodoson.sedelectronica.gal), nos mesmos termos que a publicada con motivo a da aprobación inicial.

Porto do Son, 14 de outubro de 2022

José Luis Oujo Pouso
Alcalde