Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Venres, 21 de outubro de 2022 Páx. 56005

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 13 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto de execución do parque eólico San Cristovo, nos concellos de Monterroso e Taboada (expediente LU-11/117-EOL).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; así como na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Antecedentes:

• O 7.7.2021, Enel Green Power España, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico San Cristovo (LU-11/117-EOL) situado nos termos municipais de Taboada e Monterroso, para outorgamento de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG nº 39, do 26 de febreiro).

• O 12.5.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe segundo o recollido no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, onde se indica cumprimento da distancia mínima de 500 m dos aeroxeradores a núcleos de poboación.

• O 13.4.2022, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle a citada sociedade o cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

• O 15.9.2022 e de acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais achegou a esta xefatura territorial o expediente completo para continuar coa súa tramitación.

As instalacións incluídas no proxecto descríbense a seguir:

Solicitante/promotora: Enel Green Power España, S.L. NIF B61234613.

Domicilio social: r/ Ribera del Loira, 60, 28042 Madrid.

Denominación do proxecto: proxecto de execución do parque eólico San Cristovo.Termos municipais de Monterroso e Taboada. Provincia de Lugo.

Situación: concellos de Monterroso e Taboada (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): San Cristovo.

Potencia instalada: 28 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6.

Subestación colectora do parque: San Cristovo 30/220 kV, de 25/30 MVA.

Produción neta anual estimada: 94.412 MWh/ano.

Orzamento total (execución material): 36.860.252,38 €.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico:

Vértice

Datum ETRS89 (fuso 29)

UTM-X

UTM-Y

A

598.447,10

4.737.067,67

B

603.875,32

4.737.067,67

C

603.875,32

4.732.785,67

D

598.875,30

4.732.785,64

Coordenadas de localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 (fuso 29)

Elevación (m)

Concello

UTM-X

UTM-Y

SC-01

601.137

4.734.082

660

Taboada

SC-02

601.494

4.735.137

714

Taboada

SC-03

600.159

4.735.282

803

Taboada

SC-04

599.423

4.735.486

759

Taboada

SC-05

600.614

4.735.830

760

Monterroso

SC-06

600.323

4.736.368

709

Monterroso

Coordenadas das esquinas que conforman a subestación San Cristovo:

Datum ETRS89 (fuso 29)

Nº vértice

UTM-X

UTM-Y

S1

601.212

4.735.279

S2

601.232

4.735.233

S3

601.136

4.735.191

S4

601.116

4.735.237

Coordenadas da torre de medición auto soportada:

Datum ETRS89 (fuso 29)

Elevación (m)

Concello

Nome

UTM-X

UTM-Y

PMM

599.780

4.735.539

802

Taboada

Características técnicas principais das instalacións:

• Catro (4) aeroxeradores Siemens-Gamesa SG 6.0-170 de potencia nominal 5,0 MW, cun diámetro de rotor de 170 m e altura de buxa 100 m.

• Un (1) aeroxerador Siemens Gamesa SG 6.0-155 de potencia nominal 6,0 MW, cun diámetro de rotor de 155 m e altura de buxa 102,5 m.

• Un (1) aeroxerador Siemens Gamesa SG 2.1-114 de potencia nominal 2,0 MW, cun diámetro de rotor de 114 m e altura de buxa 80 m.

• Cinco (5) centros de transformación, instalados no interior da torre de cada un dos aeroxeradores, formados por transformadores de 6.500 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Un (1) centro de transformación, instalado no interior da torre do aeroxerador SG 2.1-114, formado por un transformador de 3.000 kVA de potencia nominal e relación de transformación 0,69/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Torre de medición permanente do parque, auto soportada, de 98,5 m de altura.

• Rede colectora soterrada, conformada polos cables de evacuación de enerxía a 30 kV, con condutores tipo UNE RH5Z1-OL 18/30 kV que unen os aeroxeradores entre si e coa subestación eléctrica do parque, os cables de fibra óptica para comunicacións e os cables de terra.

• Subestación eléctrica tipo convencional, dunha posición de transformador de potencia, elevador, con saída ríxida de liña cos seus correspondentes equipamentos de medida e facturación, constituída por:

– Parque exterior de intemperie: recinto valado onde se encontra o transformador de potencia e a aparellaxe do nivel de tensión de 220 kV. Posición de transformador de potencia, elevador, con saída ríxida de liña. Trifásico, en baño de aceite, refrixeración ONAN/ONAF, con relación de transformación 220/30 kV e potencia nominal 25/30 MVA.

– Un edificio de operación e mantemento (O&M) con oficinas, salas de operación e monitorización das instalacións, cuarto de climatización, aseos e almacén.

– Un edificio de control e celas, cunha sala de celas de 30 kV e sala de proteccións e baixa tensión e sala Scada, que contén equipamentos informáticos de xestión e comunicacións.

– Un edificio do grupo electróxeno de emerxencia de 160 kVA 400 V, que contén, ademais, tanque de diésel.

– Un edificio de residuos.

• Obra civil consistente en rede viaria de acceso ao parque e aos aeroxeradores, cimentacións e plataformas dos aeroxeradores, gabias para tendido de cablaxe de media tensión, comunicacións e rede de terras e obras auxiliares.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.d) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

• Proxecto de execución (visado nº 20220427, data 18.2.2022).

• Estudo de impacto ambiental (EIA) (asinado 11.2.2022 e 14.2.2022).

• Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) (visado nº 20220428, data 18.2.2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, de ser o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía desta Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 48 04), así como nos concellos de Monterroso e Taboada (Lugo). Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/san-cristovo

Lugo, 13 de outubro de 2022

Gustavo J. Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo