Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56149

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de setembro de 2022, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, por promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 115, do 18 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión do 26 de setembro de 2022, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de maio de 2022 (DOG núm. 97, do 20 de maio) para cualificar o proceso selectivo de ingreso, por promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), de conformidade co previsto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo terá lugar o día 7 de novembro de 2022, a partir das 10.00 horas, na sala E do Edificio Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Segundo. Convócanse para o segundo exercicio todas as persoas aspirantes no lugar, no día e na hora establecidos. Conforme o disposto na base II.1.2.5 da convocatoria, o chamamento será único, de xeito que se excluirán as persoas aspirantes que non comparezan.

Terceiro. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra Q, de acordo co previsto na base II.1.2.1 da convocatoria.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

Non se permitirá o acceso ás aulas nas cales se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento dos cales se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2022

Juan José Rodríguez Díaz
Presidente do tribunal