Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56283

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo/a, por estabilización de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 180, do 21 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de auxiliar administrativo/a, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, mediante o sistema de concurso, incluída na oferta de emprego público extraordinaria regulada pola Lei 20/2021, do 28 de decembro.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

As Somozas, 21 de setembro de 2022

Juan Alonso Tembrás
Alcalde