Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 24 de outubro de 2022 Páx. 56282

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Somozas

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de auxiliar de xulgado, por estabilización de emprego.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 180, do 21 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover unha praza de auxiliar de xulgado, pertencente ao grupo doutras agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso, incluída na oferta de emprego público extraordinaria regulada pola Lei 20/2021, do 28 de decembro.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

As Somozas, 21 de setembro de 2022

Juan Alonso Tembrás
Alcalde