Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56445

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cuntis

ANUNCIO de información pública do Convenio subscrito entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo, o Concello de Cuntis e a sociedade mercantil estatal Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., SME, para a execución do polígono 1 do Plan de sectorización do parque empresarial A Ran.

Negociado e subscrito o convenio polo alcalde do Concello de Cuntis, o 11.10.2022, polo presidente da SEA, o 15.10.2022 e polo delegado especial do Estado na CZFV, o 17.10.2022, cuxa finalidade é:

O establecemento das bases sobre as que asentar a colaboración das tres institucións asinantes para a execución do polígono 1 previsto no Plan de sectorización da Ran, instrumento urbanístico aprobado definitivamente polo Pleno do Concello o 27 de setembro de 2013.

Subscribirase:

Co Consorcio da Zona Franca de Vigo, en diante CZFV, e coa sociedade mercantil estatal Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., SME, en diante SEA.

De conformidade co artigo 168.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Asemade, o texto íntegro do convenio estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste Concello http://concellodecuntis.sedelectronica.gal

O presente anuncio servirá de notificación aos interesados.

Cuntis, 17 de outubro de 2022

Manuel Campos Velay
Alcalde