Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2022 Páx. 56446

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ferrol

ANUNCIO de notificación no procedemento da orde de execución de xestión da biomasa vexetal para a prevención e defensa contra os incendios.

De acordo co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, intentada esta, non se poida practicar a notificación, esta farase mediante un anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial del Estado e no taboleiro de anuncios do Concello, e conterá os datos catastrais da parcela.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Negociado de Medio Ambiente do Concello de Ferrol, sito na praza de Armas, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entederase producida desde o día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Ferrol, 7 de outubro de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución do 8.7.2019; BOP núm.137, do 22 de xullo)
Ana Lamas Villar
Concelleira delegada da Área de Servizos, Obras, Medio Ambiente,
Zona Rural e Participación Cidadá

ANEXO

Expediente núm.

Ref. catastral

Acto notificado

Interesado/DNI

INC 3/2022/570-488

2022009621

15037A000200125

Resolución do 22.7.2022

76370158S

INC 4/2022/570-488

2022009622

15037A000200126

Resolución do 22.7.2022

76370158S

INC 5/2022/570-488

2022009623

15037A000200127

Resolución do 22.7.2022

76370158S

INC 6/2022/570-488

2022009624

15037A000200622

Resolución do 22.7.2022

76370158S

INC 7/2022/570-488

2022009625

15037A000200621

Resolución do 22.7.2022

B15270366