Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Mércores, 26 de outubro de 2022 Páx. 56560

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO da convocatoria para a provisión en propiedade, por oposición libre, dunha praza de persoal laboral fixo vacante e incluída na oferta de emprego público de 2022.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 10 de outubro de 2022, aprobáronse as bases que rexerán a convocatoria para a provisión en propiedade, por oposición libre, dunha praza de persoal laboral fixo vacante no Concello de Catoira e incluída na oferta de emprego público de 2022, coas seguintes características:

Denominación: persoal de servizos xerais.

Número de vacantes: 1; categoría: V.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 199, do 18 de outubro de 2022, publicáronse as referidas bases na súa integridade.

Prazo de presentación das solicitudes: vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Catoira, 18 de outubro de 2022

Alberto García García
Alcalde presidente