Visto que nestes momentos o Concello de Monterroso ten dotada no orzamento para o exercicio 2022 unha praza de técnico en urbanismo e vista a necesidade de contratar interinamente un arquitecto municipal e a posterior formación dunha bolsa de emprego co resto de candidatos,
RESOLVO:
Primeiro. Avocar a competencia delegada na Xunta de Goberno Local mediante o Decreto de Alcaldía do 6 de outubro de 2021 (BOP núm. 246, do 27.10.2021).
Segundo. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Monterroso para o ano 2022:
Grupo: A.
Subgrupo: A1.
Escala: Administración especial.
Subescala: técnica.
Denominación: técnico urbanismo.
Nº de vacantes: 01.
Nº praza: PF08.
Réxime xurídico: funcionario interino.
Forma selección: concurso-oposición.
Xornada: parcial (50 % xornada).
Terceiro. Publicar o anuncio da oferta de emprego público no Diario Oficial de Galicia e este decreto no taboleiro de anuncios do Concello, sito na sede electrónica do Concello https://monterroso.sedelectronica.es/info.0
Monterroso, 4 de outubro de 2022
Rocío Seijas Vázquez
Alcaldesa