A consellería competente en materia de política social convocou, para o ano 2022, a través da Orde do 22 de agosto de 2022, as subvencións para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes (Diario Oficial de Galicia número 168, do 5 de setembro).
No número 1 do artigo 10 da orde determínase a documentación complementaria que as entidades interesadas deberán achegar coa solicitude.
Unha vez revisadas as solicitudes e a documentación complementaria presentada ao abeiro da devandita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento das condicións impostas na convocatoria.
O artigo 13.3 desta orde indica que se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as entidades interesadas para que, nun prazo de 10 días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se darán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.
Así mesmo, o artigo 17.1 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento e que esta publicación producirá os efectos de notificación.
Por todo o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do acto de requirimento da emenda das solicitudes e da documentación preceptiva que se debería achegar como documentación complementaria á solicitude da axuda, coa relación de entidades beneficiarias requiridas que figura no anexo, para emendaren as que non estean debidamente completadas e/ou presentaren a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras.
Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades beneficiarias recollidas no anexo que son requiridas para que, no prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da publicación do acto de requirimento a través desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se establece na orde de convocatoria recollidos no anexo. De non o faceren, de conformidade co artigo 13.3 da orde e co artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, daranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.
Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda da documentación, poderán dirixirse á Consellería de Política Social a través dos teléfonos 981 54 46 40 ou 981 54 36 96.
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2022
Fernando González Abeijón
Director xeral de Persoas con Discapacidade
ANEXO
Requirimento de emenda da solicitude e da documentación complementaria preceptiva (código de procedemento BS631D)
1. Relación de entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro e documentación requirida:
Nº de expediente |
NIF da entidade |
Solicitante |
Documentación requirida |
BS631D/2022/0002 |
G15052137 |
Asociación de Discapacitados da Bisbarra de Muros |
– Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble (art. 10.1.1º2) – Falta de autorización do propietario (art. 10.1.1º2) – Orzamento do provedor ou provedores con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar (art. 10.1.1º3º) |
BS631D/2022/0006 |
G32115941 |
Confederación Galega de Persoas con Discapacidade |
– Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble (art. 10.1.1º2) – Falta de autorización do propietario (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0011 |
Q2866001G |
Cruz Vermella Española |
– Falta autorización do propietario (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0013 |
G36776920 |
Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer y otras Demencias de Galicia |
– Falta autorización do propietario (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0014 |
G36161214 |
Asociación de Disminuídos Físicos e Psíquicos-Mos |
– Falta autorización do propietario (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0015 |
G32005498 |
Asociación de Pais a Favor das Persoas con Retraso Mental de Ourense |
– Falta autorización do propietario (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0019 |
G15400682 |
Asociación Provincial de Pensionistas e Xubilados da Coruña |
– Falta autorización do propietario. (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0020 |
G36453728 |
Asociación de Persoas con Discapacidade das Comarcas do Condado e Paradanta |
– Falta autorización do propietario. (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0023 |
G32198541 |
Asociación de Pais de Discapacitados do Carballiño |
– Falta autorización do propietario. (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0030 |
G27011790 |
Asociación de Protecc. Defi. Mental (Prodeme) |
– Documentación acreditativa da representatividade da persoa solicitante para actuar en nome da entidade (art. 10.1.e) |
BS631D/2022/0032 |
G15775604 |
Asoc. Dano Cerebral Compostela |
– Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble (art. 10.1.1º2) – Falta de autorización do propietario (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0033 |
G15074743 |
Ins. Benéfico Social Padre Rubinos |
– Falta autorización do propietario. (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0034 |
G36427524 |
Fundación Igual Arte |
– Certificado de persoa taxadora independente debidamente acreditada, inscrita no correspondente rexistro oficial ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado (art. 10.1.2º.2) |
BS631D/2022/0038 |
G36624120 |
Apamp Asociación de Familiares de Persoas con Parálise Cerebral |
– Falta autorización do propietario (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0040 |
G15052434 |
Asociación Ambar |
– Proxecto, anteproxecto ou memoria valorada de obra (art. 10.1.1º.1) |
BS631D/2022/0041 |
R1500110J |
Hermanas Hospitalarias del Sagrado Corazón de Jesús |
– Proxecto, anteproxecto ou memoria valorada de obra (art. 10.1.1º.1) |
BS631D/2022/0047 |
G15524614 |
Asociación Saúde Mental Ferrol Eume e Ortegal. Asociación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental |
– Certificado de persoa taxadora independente debidamente acreditada, inscrita no correspondente rexistro oficial ou dun órgano ou organismo público debidamente autorizado (art. 10.1.2º.2) |
BS631D/2022/0051 |
R3200006I |
Fundación Hermanos Prieto Asilo de Ancianos do Carballiño |
– Documento acreditativo de que se dispón de titularidade suficiente sobre o inmoble (art. 10.1.1º2) |
BS631D/2022/0054 |
G15161573 |
Asociación Sociocultural ASCM |
– Declaración responsable de que solicitarán as licenzas e os permisos necesarios (art. 10.1.1º.3) – Orzamento do provedor ou provedores con indicación do custo por unidade e do importe total das adquisicións que se pretenden realizar (art.10.1.1º3º) |
2. Data do acto de requirimento da emenda da documentación: 17 de outubro de 2022.
3. Órgano competente: Subdirección Xeral de Programas de Apoio á Discapacidade.
4. Prazo de emenda da xustificación: dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do acto de requirimento no Diario Oficial de Galicia, para emendar a falta ou achegar os documentos preceptivos que se enumeran conforme se establece na orde de convocatoria. De non o faceren, de conformidade co artigo 13.3 da orde e co artigo o 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, daranse por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos no artigo 21 da devandita lei.