Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Venres, 28 de outubro de 2022 Páx. 56787

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 24 de outubro de 2022 pola que se modifica a Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975N).

O 21 de xuño de 2022, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou a Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975N).

O artigo 5.1 desta orde establece o crédito orzamentario e a contía das axudas convocadas, detallando a contía máxima, a aplicación orzamentaria e o proxecto correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, procedentes do Programa de economía circular e o Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, con cargo ao cal se financiará cada unha das liñas de axudas. Pola súa banda, no artigo 27 está recollido o réxime de financiamento.

Unha vez examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria, tendo en conta as actuacións que se poderían desenvolver, e co obxecto de subvencionar o maior número de proxectos posible que cumpran cos requisitos e a puntuación establecidos nas bases reguladoras, é necesario modificar a distribución das anualidades inicialmente aprobadas.

Para levar a cabo esta modificación, de acordo co establecido no artigo 5.4 da orde, en relación co previsto no artigo 26.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, debe tramitarse o correspondente reaxuste de anualidades no expediente de gasto.

Por outra parte, o artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, relativo á distribución entre créditos orzamentarios, sinala que, cando a contía total máxima das axudas convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo primeiro. Modificación da Orde do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o financiamento de actuacións destinadas ao fomento da prevención, reutilización e recollida en proximidade de residuos municipais, cofinanciadas polos fondos do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, e se procede á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT975N)

A Orde do 7 de xuño de 2022 (código de procedemento MT975N) queda modificada como segue:

Un. O número 1 do artigo 5 queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 5. Crédito e contía das axudas

1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo ao Programa de economía circular e ao Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, financiado con transferencias finalistas do Estado, segundo se indica a seguir:

a) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1, códigos de proxecto:

• 2022 00045: Programa de implementación da economía circular: 21.478,98 €.

• 2022 00033: PIMA residuos: 26.281,55 €.

Correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, por un importe total de corenta e sete mil setecentos sesenta euros con cincuenta e tres (47.760,53 €), procedentes do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, financiado con transferencias finalistas do Estado, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación: 26.281,55 €.

2º. Importe para a liña 2. Actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos: 21.478,98 €.

b) Con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1, códigos de proxecto:

• 2022 00045: Programa de implementación da economía circular: 37.121,97 €.

• 2022 00033: PIMA residuos: 60.652,52 €.

Correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023, por un importe total de noventa e sete mil setecentos setenta e catro euros con corenta e oito céntimos (97.774,48 €), procedentes do Programa de economía circular e do Plan de impulso ao ambiente-PIMA residuos, financiado con transferencias finalistas do Estado, coa seguinte distribución:

1º. Importe para a liña 1. Actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos (mobles, roupa, pequenos electrodomésticos, xoguetes...), coa finalidade de alongar a vida útil dos materiais e obxectos, previndo a xeración de residuos domésticos e a eliminación: 60.652,52 €.

2º. Importe para a liña 2. Actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos: 37.121,97 €».

Dous. O número 1 do artigo 27 queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 27. Financiamento

1. As axudas convocadas ao abeiro desta orde financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.541D.760.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, consonte o seguinte:

Aplicación

Proxecto

Actuación

2022

2023

Total

08.02.541D.760.1

2022 00033

Liña 1. Actuacións destinadas á creación de espazos públicos de autorreparación e intercambio de obxectos e utensilios diversos

26.281,55 €

60.652,52

86.934,07 €

2022 00045

Liña 2. Actuacións destinadas á instalación de puntos limpos de proximidade para favorecer a recollida separada de distintos fluxos de residuos

21.478,98 €

37.121,97 €

58.600,95 €

47.760,53 €

97.774,49 €

145.535,02 €»

Artigo segundo. Prazo de presentación de solicitudes

A modificación obxecto da presente orde non implica a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2022

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda